jueves, 26 de mayo de 2011

¿Galáctico Kun?

A  declaración de fuxida do Atlético de Madrid do Kun Agüero desatou as faladurías sobre a súa posible chegada o Real Madrid, será o arxentino o próximo galáctico de Florentino?, a grada a día de hoxe non lle apetece pero os goles trocan  todo.



Hai indicios que apuntan a que o clube da Castellana pode ser o seu destino, pero o seu alto prezo e a ruptura de relacións cos da beira do Manzanares, deben facer pensar  a Tito Floren. O Kun xa se puxo no mercado, Floren xa dixo o non interesa a día de hoxe, Kun comprouse unha casa de 5 millóns de euros preto da de Cristiano, Ujfalusi  dixo que pensa que se irá para o Real Madrid, remata contrato con Nike e parece que firmará con Adidas si se vai a un clube desa firma cun aumento considerable de ingresos ………xa son uns cantos indicios.

Mou quere un terceiro dianteiro pero en principio o seu home é Adebayor, sobre todo si consiguen abaratar o seu prezo como parece que está a ocorrer nos últimos días. Diferente o Pipa e Karim e que caiu ben no vestiario fano prototipo Mou. O clube ten en carteira a Negredo por  si acaso.

O nome do que se desfaría Floren é o Pipa Higuaín, como chegou ca anterior xunta directiva tenlle certo  recelo, pero conta co cariño de Mou e de boa parte da grada do Bernabeu co cal a súa saída antollase algo difícil, máis despois de renovar o pasado verán. Xuventude e futuro ten tanto como o Kun, quizáis menos calidade pero gastarse un pastizal para desfacerse do Pipa non parece razonable.

O home que non lle gusta a Mou e Karim Benzema, o problema é que o francés é intocable para o presi. Ahora que parece que se atopou co fútbol e os goles perdidos, pareceríanos de tolos desfacerse del. Como no caso do Pipa desfacerse de Karim para traer o Kun non entra en razón. Co poder que toma ahora Mou despois de liquidar a Valdano  todo é posible.


A posibilidade de que non  se quedara con Adebayor, poñería a tres dianteiros xovenes  nas mans de Mou o problema é que os tres serían moi parecidos, coas súas carencías e virtudes, obviamente o Kun é o de maior calidade dos tres , bo no un para un, capaz de desequilibrar un partido, pero a un custe de entre 67 e 80 millóns de euros, neste tema nadie se poñe de acordo, os 45 da clausula, que si IVA, que si IRPF, que si incremento patrimonial………..caro en todo caso.

Outro problema sería como ía a rentibilizar Mou o seu arsenal ofensivo e os minutos, como xogaría nunha fronte de ataque na que se atoparía con Ozil, Kaká, Di María, Ronaldo, Kun, Pipa e Benzema, senón queremos contar  a Callejón que parece que se quedará.  Que sistema adoptaría o señor Mou. Como moito a marcha de Kaká.


Demasiadas incognitas presenta este fichaxe pero é posible  que vaia  a dar moito xogo neste verán. Está claro que a Floren o rapaz gustalle, a certa parte da grada non tanto, xa que hai rumores que o quixo cambiar por Higuaín e cartos no verán. En Xaneiro esto si é verídico que o quixo fichar. Será este verán o seu galáctico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario