jueves, 2 de junio de 2011

¿Que vai pasar cas estrelas do Castilla?

O non ascenso do Castilla compromete o futuro de moitas das perlas da canteira branca, as que se lles debera dar acobillo ou deixar no pozo da 2ªB para tentar o ascenso, porque por moito que Mou fixo debutar a sete xogadores do filial, foi en momentos puntuales e sen importancia, como demostra o fichaxe de Altintop para facer plantilla ou o seu interese por Fabio Coentrao.



Un dos dous porteiro do Castilla ou Tomás Mejías ou Jesús subirá a primeira plantilla para acompañar a Casillas e Adán na portería. Co cal parece que ningún destes partira lonxe do Bernabeu.

En defensa os dous máis prometedores parecen ser o lateral dereito Carvajal que é do ano 92 e o central Nacho do ano 90 aínda que con Mou debutou como lateral esquerdo. Por edade aínda se poderían quedar na casa. Ademáis poderían ser aproveitables por Mou, si quixera.

O capitán do Castilla o xogador de Portonovo Fran Rico do ano 87, de inmensa calidade, pero as lesións non lle deixaron amosar todo o fútbol que leva, debería partir. No medio outro xogador do 92 como Alex aínda está en edade de filial, non tería porque partir.

O problema ben para os homes de adiante que son os de máis proxección e os que non lle viría mal ter minutos en Primeira División. Sobre todo por edade o interior dereito Juanfran do ano 88 debería partir e ter a súa oportunidade para ver si vale. O interior esquerdo Juan Carlos que é do ano 90 conta tamén con innumerables ofertas coas conseguintes dúbidas. Outro que presenta dúbidas e o xogador de Silleda con experiencia en segunda Joselu do ano 90.


Para o final deixamos o xogador máis mediático Morata e o de máis calidade con diferencia  o exquisito mediapunta zurdo Pablo Sarabia ambos do ano 92. Por edade aínda poderían ter recorrido no Castilla pero por calidade e opcións penso que deben dar o salto. Como na primeira plantilla vemolo difícil, unha cesión para coller minutos sería óptima. Morata é un dianteiro que xoga ca cabeza demasiado baixa o seu maior defecto  que debe mellorar pero Mou debe decidir se debe seguir abaixo ou partir.

Pablo Sarabia é o xogador con máis calidade con diferencia de todo o fútbol base do Real Madrid e si Mou non pensa que pode ter minutos arriba, ten que partir para amosar todo o fútbol que leva nas súas botas e voltar con máis forza.

Caso aparte é Canales que está na primeira plantilla pero é do ano 91, parece claro que será cedido, o rapaz tamén necesita minutos en primeira. Nadie dubida da súa calidade, pero está tempada o que perdeu foi confianza.

Esperemos que se escolla a mellor opción para todos e podan axudar o Real Madrid nun futuro ou porque non xa no presente.


 Non hai que esquencer que UEFA obriga a ter nos 25 oito xogadores nacionais, catro deles canteiráns. No tema de canteiráns parecen seguros os 3 porteiros e Arbeloa, con Mateos,Granero e Callejón con opcións. Os nacionais Alonso, Albiol, Ramos parecen seguros mentás Canales e León parece que partirán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario