lunes, 12 de marzo de 2012

Fisober - Mesón. 8-2.


LIGA AUTONÓMICA

RESULTADO : FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO” – MESÓN RIO ULLA : 8-2.

FISOBER : Eva, Elsa, Nuria, Olalla e Noelia ; tamén xogaron : Patri, Ana, Barca, Myrella, Ylenia e Alba.



MESÓN RIO ULLA : Alejandra, Ainoa, Vanessa, Alba e Lucia, tamén xogaron : Cristina, Valeria, María, Laura, Doris  e Ivanca.

ÁRBITRO E MESA : Jose Rey e Laura de la Iglesia.

GOLES : 1-0 Elsa, 2-0 Ana; (descanso), 3-0 Patri, 4-0 Noelia, 5-0 Nuria, 6-0 Patri, 6-1 Ainoa, 7-1 Patri, 8-1 Elsa, 8-2 Ainoa.

O Fisober solventou o compromiso co colista  e chegará líder os enfrontamentos directos que as esperan nas próximas semanas.

Xa os dous minutos Nuria tiña a primeira ocasión local que foi enviada a saque de esquina por Alejandra. E no saque do mesmo Elsa facía o primeiro gol local.


Os tres minutos era Olalla a que se atopaba ca porteira visitante e nos seguintes minutos foi Noelia por partida dobre a que non foi quen de aumentar diferenzas. Pasaban os minutos e a pesar das  ocasións o resultado seguía a ser exiguo, os oito minutos foi Patri a que tivo a súa ocasión.

Pero cando mediaba esa primeira metade desperezaron as visitantes e puxeron o medo na porta defendida por Eva. Primeiro por medio de María e despois do saque dunha falta foi Valeria a que case consigue a igualada.


Conscientes de non querer  vivir máis  sobresaltos chegaron novas ocasións locais na busca de ampliar distanzas. Primeiro foron Ana e Patri as que non foron capaces e despois Myrella.

Cando acariñábamos  os once minutos Ana foi quen de facer o dous a cero. E case despois do saque de centro Patri aumenta aínda máis as diferenzas pero errou.

Pasaban os minutos e unha falta lanzada por Ainoa enviouna o longueiro a porteira local Eva para evitar o primeiro gol visitante.


A resposta foi por medio das xogadoras do Fisober , Myrella e Nuria pero o terceiro  gol non chegou. 

Mesón non se rendía e Vanessa puxo de novo a proba a Eva. Aínda que antes do tempo de lecer  Noelia disfrutaba da última ocasión local.

A segunda metade comenzou como a primeira cun novo gol local case de saída, desta vez foi Patri a que aproveitou un roubo de Ana para poñer o terceiro no electrónico.

Despois duns minutos sin apenas sobresaltos nas porterías, os seis minutos cando Patri ía facer o cuarto atopouse coa súa compañeira Barca na traxectoría cara o gol e evitouno, ela non quería pero nas últimas xornadas parece ter un extrano magnetismo cara o balón, e case sin tempo a respirar Myrella atopabase co pau .


Tanto ía o cantaro a fonte que os once minutos Noelia facía o cuarto para as do Fisober despois dunha combinación con Alba. Chegaron de novo minutos de ocasións locais, primeiro Alba, logo Elsa, seguido de Patri o pau e mesmo Nuria.

Unha Nuria que a cinco para o fin facía o quinto para o Fisober. Sin tempo para saborealo case, Patri fusilaba para o sexto.

As visitantes decidiron sacar porteira – xogadora e obtiveron premio case a primeira por medio de Ainoa. 


Pero foi un espellismo xa que  o momento as locais facían  o sétimo cando nun forte pase de Patri a Nuria esta última o deixaba pasar sorprendendo a porteira visitante, aínda que o colexiado llo apuntou a Nuria esta última non tocou o balón.

Os  riscos tomados polas  visitantes  fixo que Patri rebañara un balón e probase sorte dende o seu campo, ìndose o esférico  lambendo o pau.E na seguinte un roubo de Elsa propiciou que ela mesma marcase o oitavo case a pracer. Para rematar cun  segundo gol visitante de novo por parte de Ainoa.


Destacar que cando parecía que o Fisober contaría de novo con todo o plantel ca volta de Nuria despois de case dous meses lesionada, unhas molestias impediron participar a Paula fronte o Mesón Rio Ulla.

CRÓNICA DO PARTIDO PRIMEIRA VOLTA.

CRÓNICA DO PARTIDO DO ANO PASADO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario