lunes, 19 de marzo de 2012

Espartanas - Fisober B. 1-4.

RESULTADO : ESPARTANAS – FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” . 1-4.

ESPARTANAS : Sandra, Marta, Cristina, Patricia e Rebeca ; tamén xogaron : Andrea, Raquel e Paula.

FISOBER B : Catti, Iria, María, Tamara e Inés; tamén xogaron : Laura, Mónica, Cris, Loly, María Maroñas, Nuria e Natalia.




ÁRBITRO E MESA : David Ruiz e Fernando Barros.

GOLES : 0-1 Inés, 0-2 Inés, 0-3 Inés, 0-4 Inés, ( descanso ), 1-4 Patricia.

O filial sumouse a festa do Primeiro equipo conseguindo vencer tamén,por primeira vez na tempada gañaron A e B a mesma semana, guiados por unha saída fulvurante con tres goles nos primeiros seis minutos nun duelo de equipos do fondo da clasificación.

O filial saio totalmente concentrado e xa no primeiro minuto Inés adiantaba as súas. Lonxe de conformarse seguiron apretando e os tres minutos primeiro Tamara, logo María e finalmente Inés tiveron grandes oportunidades para aumentar vantaxe.


Unha vantaxe que si conseguiu aumentar Inés os cinco minutos. E os seis a mesma Inés facía o terceiro para o filial e tamén na súa conta. Unha Inés que erraba solo un minuto despois o máis fácil que podía ser o cuarto.
As da Costa enchufadísimas seguían a gozar de ocasións gracias a intensidade que mostraban.

Despois do gran comenzo e dun tempo morto local para calmar as cousas, o partido tranquilizouse algo pero as do filial seguiron dominando o partido a pesar da rotación de xogadoras. As da Costa seguían a ter ocasións e María ou Mónica tentárono o igual que Iria.

No minuto quince foi a visitante Cris a que gozou da oportunidade para aumentar o electrónico e tres minutos despois a mesma Cris non chegaba por centímetros para empuxala.


A que non errou foi de novo Inés que a dous para o tempo de lecer facía o cuarto para o filial e tamén na súa conta particular.

A segunda metade comenzou cunha ocasión para as locais nun dos seus poucos acercamentos do partido.

Pero foi un espellismo chegando os minutos para as ocasións da capitana visitante María que ata en tres ocasións vio como os seus tiros foron repelidos pola porteira local Sandra, por moito que facía o gol pelexouse con ela na maña do domingo.


O relevo de María tomouno de novo Inés para gozar de moi boas ocasións pero Sandra decidiu que non quería apañar máis goles.

Os minutos pasaban e as do filial disfrutaban dun partido cómodo. Nos últimos minutos chegaron un par de aproximacións locais e así no último minuto foi a local Patricia a que facía o gol para as Espartanas.


Chegouse así o final do partido e as do filial festexaron así o seu terceiro triunfo da tempada e lavaron de paso a imaxe do mal partido que fixeran na primeira volta.

CRÓNICA DA PRIMEIRA VOLTA.

CRÓNICA DO ANO PASADO.


No hay comentarios:

Publicar un comentario