viernes, 5 de agosto de 2011

Plantel curto !

Onte destapouse o mister do Real Madrid con que tiña un plantel algo curto, estaría aburrido e tería que decir algo, ve preto a Supercopa e empeza a estar nervoso, o Marca necesita portadas e pagoulle para que falara………Porqué  ata o momento decía que tiña un plantel estupendo e sólo lle faltaba un dianteiro.



Eu creo que está ben surtido o técnico portugués e non debe de queixarse de nada, xa que ten o poder que non tivo nunca un adestrador do Real Madrid dende que eu teño uso de razón. Pero o silencio enferma a este home.

Para a portería ten a Casillas que é intocable, para suplilo a Antonio Adán e como terceiro porteiro terá outro canteirán, que non se queixe.


Na defensa ten para o lateral dereito a Arbeloa e Ramos, dous campeóns do mundo. Para o lado esquerdo a Marcelo e Coentrao internacionales por Brasil e Portugal, está ben ou non. Para o posto de central os dous titulares da selección portuguesa Pepe e Carvalho, para suplilos Albiol tamén campeón do mundo e Varane este si que pode surxir dúbidas, pero de central tamén podería cumprir con creces Sergio Ramos, non hai queixa na defensa tampouco.

Para o centro do campo ten a Xabi Alonso, Sahim, Granero e Khedira para o mediocentro. Quizais necesitaría algo máis de fútbol pero como el non o utiliza chégalle abondo, outro mediocentro creativo non sobraría. Para destructivo aínda ten a Lass que a pesares de  parecer que non conta sigue en nómina. E Gago que é un estorbo pero tamén sigue en nómina. Coentrao parece que podería adaptarse o medio e incluso utilizar a Pepe en partidos puntuais.

Para as bandas ten a Cristiano, Di María, Callejón e Altintop o cal fichou supoñese por polivalente e que podería xogar nun trivote e din que en defensa. Destes sólo me ofrece dúbidas Altintop o resto de bo nivel. Aínda ten en nómina a Pedro León co cal non conta pero que a min pareceme bo xogador , quizais algo frouxo de cabeza e de traballo o chaval. Ou o canteirán Jese Rodríguez que apunta maneiras. Drenthe tamén anda por ahí.


Para a mediapunta a Ozil e  Kaká, non sei que máis querera, os do Barsa non vamos podelos fichar, e aínda desperdicia a Canales que terá que irse e deixou marchar a Sarabia a foquearse o Xetafe.
Para a dianteira ten a Benzema e Higuaín e prometeronlle outro máis, o cal non está mal. Ademáis ten a un xoven con proxección no filial como Morata e pode utilizar a Cristiano. 


En definitiva un bo  plantel a cuestión é por moitos xogadores que teña utilizaraos, moverá a banqueta ou xogarán sempre os mesmos. Que non o  esquenza  en España e nas competicións europeas sólo podes ter 25 fichas profesionais. Penso que dende o clube deronlle bastantes cousas das que quería tanto a nivel xogadores como de poder, polo tanto que traballe e que nos engrandeza con  títulos para que disfrute o madridismo e se deixe de escusas.

Outros artículos:





No hay comentarios:

Publicar un comentario