lunes, 19 de marzo de 2012

Marcón - Fisober. 2-4.

RESULTADO : MARCÓN – FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO”: 2-4.

MARCÓN : Oti, Alicia, Laura, Vanesa e Jennifer ; tamén xogaron : Patri, Marta, Nair, Bea, Jessica, Carla e Sara.

FISOBER : Paula, Patri, Elsa, Ana e Barca ; tamén xogaron : Nuria, Ylenia, Myrella, Noelia, Eva e Olalla.



ÁRBITRO E MESA : Sergio Abilleira e Javier Sánchez.

GOLES : 0-1 Nuria, 1-1 Carla, 1-2 Nuria, ( descanso ), 2-2 Vanesa, 2-3 Patri, 2-4 Patri.

O Fisober  foi un bloque e  gañou despois dun grandísimo e intenso  partido na súa visita a difícil pista do Marcón e chegará como líder en solitario o partido chave do próximo sábado en Vimianzo fronte o segundo clasificado o Mos. As cales estaban presentes no Pavillón Monte Carrasco en bo número para presenciar o partido.

Despois duns primeiros minutos cheos de intensidade pero cos dous equipos máis preocupados da defensa e de non deixar que lles crearan que de crear, tivo que ser unha chegada por banda dereita da visitante Nuria quen disparou cruzado e o balón foise lambendo o pau.


Esa xogada deu vía libre as ocasións e as locais despois dunha falta, acolleronse a pizarra e o seu lanzamento tamén se foi lambendo o pau pero da porteira do Fisober Paula que como sempre estivo moi segura.

Ata que os nove minutos Fisober engarzou unha gran combinación que rematou cun lanzamento de Patri que detivo Oti pero o rexeite aproveitouno Nuria para poñer en vantaxe as da Costa.

Pouco lles durou a ledicia xa que  dous minutos despois as locais igualaron o electrónico  despois dunha contra e de unha serie de rexeites no área  tivo que chegar Carla para mandar o fondo das redes.


O partido seguiu a desenvolverse con intensidade e garra polas dúas escadras. Así unha chegada por banda esquerda de Noelia foi enviada a saque de esquina por Oti. Pero as locais a contra a piques estiveron de adiantarse cando a súa capitana Jennifer mandaba o pau a cinco para o tempo de lecer.

Eso pareceu darlle folgos as visitantes que respostaron cuns  grandes minutos. Primeiro foi Barca quen despois dun balón parado rematou  co calcaño pero non conseguiu marcar.


Quen si puxo en vantaxe as do Fisober foi Nuria quen non errou nun man a man aproveitandose dun erro no pase local. E antes do parón Ana, case consigue o terceiro.

A segunda metade comenzou cunha  ocasión local que fixo intervir a Eva que ocupou a portería visitante neste tempo. Os minutos  foron pasando pero o partido non perdía un ápice de interese. Ningún dos dous equipos renunciaba a deixarse unha gota de sudor.

Os seis minutos de novo Eva era un muro desta vez para Bea. E foi cando os oito minutos se pudo pasar do 1 a 3 cando Nuria mandaba o seu disparo o pau e na contra as locais facían o 2 a 2 por medio de Vanesa.


Pero desta vez a quen lle durou pouco a ledicia foi as locais xa que un minuto despois  unha combinación entre Ana e Patri propiciou que esta última puxera en vantaxe o Fisober.

Marcón comandado pola súa capitana Jennifer tentou un último esforzo para a remonta, e primeiro cun cabezazo rozando o pau e despois cunha volea que detivo Eva, queimou as súas últimas ocasións.


Ata que  a sete para o fin de novo Patri rematou para facer o cuarto e case finiquitar o partido. Xa que dende aquí ata o fin as da Costa redoblaron o esforzo defensivo para conquerir a  vitoria.

E aínda tiveron ocasións a contra para vivir máis tranquilas os últimos minutos. A catro para o fin unha falta que lanzou Ana foi rexeitada pola porteira Oti e Patri colleuno pero enviou fora.


E a dous para o fin de novo Patri encarou a porteira local, lanzou entre as súas pernas e cando o balón parecía entrar amodiño a  Oti reaccionou e salvou ou non o gol xa que tirouse e moveu a portería , nun auténtico gol pantasma xa que foi imposible determinar si foi ou non gol.


O gol non subiu o eléctronico, pero os minutos foron pasando e o Fisober  fixose co balón e moveuno  para que correse o tempo e  se chegase o final con tres importantísimos puntos.

VIDEO MIX IN MARCÓN.

CRÓNICA DA PRIMEIRA VOLTA.

CRÓNICA DO ANO PASADO.

MÁIS COUSAS SOBRE MARCÓN.


VIDEO " A POLA LIGA "

No hay comentarios:

Publicar un comentario