miércoles, 6 de julio de 2011

Scouting.

Os dous últimos fichaxes do Real Madrid amosan que a canteira e o mercado nacional non contan moito para Mou e a fortaleza que cada día colle Jorge Mendes no clube.


O fichaxe do central de 18 anos Varane ven abalado por Zinedine Zidane que o catalogou como o novo Laurent Blanc. Non era unha posición que en principio necesitara potenciar o clube da Castellana. Para ese posto contaba con Carvalho, Pepe, Albiol, Garay ( o cal parece que entrará na operación Coentrao) e incluso si fai falla por Sergio Ramos.

Hai dúas cousas claras, que Mou non confía moito en Albiol e por suposto en Garay o cal deixa ir. A segunda que quería ofrecerlle a súa confianza o astro francés Zidane que lle recomendou a Varane e este aceptou, para ensinarlle que o quere o seu lado.

O seu prezo é de 10 millóns quizáis un pouco caro, pero calquer xogador polo que pregunte o Madrid logo se dispara o seu prezo. Sinceramente nunca vin xogar o central polo tanto non podo opinar sobre el, pero o que si é certo é que era codiciado por moitos equipos de Europa. Con motivo da sección do disque-disque buceo por moitas webs nacionais e internacionais e andaba na axenda de moito técnico europeo.

O cal nos leva o motivo do artículo, a min persoalmente parecenme ben este tipo de fichaxes, de feito o Real Madrid debía de moverse mellor, ou confiar algo máis nos seus olleadores si os ten. Nós debemos crear balóns de ouro, non compralos a prezo de xeque, porque pode saír fouce ou fouciño. E non é o mesmo tirar con 10 kilos que con 68 como no caso do meu sempre apreciado e case idolatrado  Kaká, pero que todo indicaba que o estilo de xogo do Real Madrid non ía o máis mínimo o seu persoal.


Por eso estou de acordo co fichaxe de Varane, por xoven , polo prezo case tamén, por proxección e polo máis importante para a miña humilde opinión  na canteira non hai centrais de garantías, polo menos que un servidor coñeza. Ese é o motivo máis importante buscar fora o que non teñas na casa.

Aínda que para Mou si había un Mateos do cal dixo que o impresionara e incluso dixo o clube que lle fixera ficha do primeiro equipo, tamén por razón de idade, pero nin o ano pasado conto, incluso tivo que irse cedido a Grecia, nin este o fará. E eso que como Varane tamén pode xogar no mediocentro.

Tampouco  me disgustaba o ano pasado o fichaxe de Canales, que a pesares de que nas inferiores tiñamos a Pablo Sarabia que non o desmerece en nada, o seu prezo de 5 millóns valía a pena arriscar. O problema que igual perdemos os dous e eso si que é negativo.

Non me disgustaba  asimesmo  o fichaxe de Pedro León, nacional, de banda e a un bo prezo. Pero tamén fracasou, o problema é saber si por súa culpa ou de Mou.

Sahim na miña humilde impresión outro grandísimo fichaxe, un medio do melloriño de europa, con moita fame e moitos anos por diante e a un prezo ridículo. Callejón é da casa como non vai ser un bo fichaxe repéscalo, terá oportunidades? Máis dúbidas presenta Altintop por moito que veña gratis, non conta ca miña aprobación pero espero ter que comerme as palabras.

Para o último deixo a Coentrao, que non pega ca miña pretendida política de olleadores, para que debemos pagar 30 millóns por un lateral esquerdo, que certo é que fai falla, pero o que fichamos é moi similar a Marcelo e a un prezo de ouro, non vaia ser que perdamos os dous tamén. A miña política optaría por Nacho que o fixo ben os días que xogou aínda que o seu posto natural era o de central. De non contentar a Mou pois ficharía un lateral para ser suplente de garantías e a bo prezo, como podía ser  o internacional español Nacho Monreal que se foi o Málaga por 6 kilos, aínda que fora algo máis por ser o Madrid. Ou os sub 21 Jose Ángel ou Canella, ou algún que atopara o noso olleador. Pero  pagaremos outra sablada, dirán que si se vai Garay serán 10 menos outros din 6 kilos pola metade do pase  e se entra Drenthe algún outro menos e Mou desfarase de dúas pezas cas que non contaba na súa particular operación saída.

En definitiva que queremos que se conte máis ca canteira e de non ser así que se tente buscar rapaces con proxección  polo mundo ou en España. Sabemos que o Real Madrid que non deixa de ser o clube dos nosos amores, non solo o xoguete de Mou e Florentino, debe gañar títulos. Mais  pagar millonadas por Coentraos e Neymars, non o garantiza e cabrea un pouco. As millonadas deben pagarse por Zidanes, Figos ( un fichaxe que fixo entrar o Barsa nun furado negro), Ronaldos e demáis.


Que non esquenza Florentino que prometeu españolizar o equipo, sabemos que o mercado español  e case prohibitivo para nós( algún clubes prefiren perder diñeiro antes de vendernos, outros suben a puxa día a día), pero facer un guiño de vez en cando a afección non estaría mal, sobre todo ca canteira, os Borja Valero, Mata, Negredo, Soldado …..triunfan lonxe do Bernabeu, e para certos postos porque non un novo Arbeloa, un xogador que cumpre, que día a día se gañou os siareiros, a min xa me tiña gañado dende o Castilla cando era o amo da defensa dende a posición de central. Nacho non podería ser un novo caso como o de Álvaro, pero o clube utiliza a súa chamada Fábrica como meramente recaudatorio, o producto made in Real Madrid vendese ben pero nunca para consumo propio, en venda e xa está. Quedanse os que marca a lei.

Mou este ano a esixencia vai ser maior, non o esquenzas!

Artículos anteriores :








Todos do Real Madrid na etiqueta Real Madrid.

1 comentario: