miércoles, 28 de diciembre de 2011

2011 en Luigi na Costa, Entrevistas!

Son con diferencia o bloque de noticias con máis tirón e visitas, de feito entre as dez noticias máis visitadas do blog están seis  entrevistas.

Todo comenzou alá por Febreiro ca entrevista a Barca Toba a xogadora do Fisober e do Orzán, que se ofreceu xentilmente a axudar neste proxecto.

Despois foi o turno de Dimas Leivinha pola daquela xogador do Muxía. E o seguinte foi Oscar Santos, o noso número un en visitas con moita diferencia. O ex xogador do Unión Vimianzo, actualmente nos veteranos do Soneira e primordialmente un dos homes fortes de Deportes en Que Pasa na Costa. A súa entrevista deu moito xogo.

Seguiulle Iván Chans, naquelas datas xogador do Muxía, ex do Porteño e actualmente no Soneira B, ademáis de pertencer o corpo técnico do Fisober. No medio da eliminatoria de Copa da Costa entre Muxía e Porteño deu as súas opinións.

Por Maio o turno foi para Jordi de Pasarela, tamén integrante do corpo técnico de Fisober, ahora tamén xogador dos veteranos do Soneira e que axuda en algunha outra cousa.

A última antes do parón de verán foi para polo de entonces capitán do Unión Vimianzo, ahora no Baio, Iván de Treos, que nos falou un pouco da difícil situación do clube ahora desaparecido durante a tempada.

A volta do verán Andrea Sendón que tivo que deixar o Fisober por motivos laborais foi a que nos falou das súas dúas pasións o fútbol e a cociña.

E outra ex do Fisober seguiu a Andrea, foi Eva Lago, a xogadora do Orzán en fútbol e ahora do Fame Negra en fútbol sala, falounos de como se sentía ante a posibilidade de voltar a xogar o fútbol en Nacional despois dun erro na tramitación das fichas que lles impediu a ela e outras compañeiras comenzar a Liga.

Fran de Urroa , o capitán do Soneira e adestrador dos cadetes dese mesmo clube foi a nosa penúltima entrevista, unha entrevista que se fixera con anterioridade a dimisión de Manolito pero que tivo que saír a luz antes de tempo por dita circunstancia.

E polo de ahora o último foi o capitán e porteiro do Muxía , Ángel Luís, a ver si  en próximas datas  podemos deleitar cunha nova entrevista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario