jueves, 24 de marzo de 2011

A entrevista : Oscar Santos.


Hoxe na nosa entrevista tocanos, Oscar Santos o que fora xogador do Unión Vimianzo e un dos redactores de Deportes de Que Pasa na Costa.


Admirador dos deportes como é ¿ Con que deporte/s se quedaría ? 
Fun sempre multideportivo e gústame practicar todo tipo de deportes. Como todos sabemos o fútbol é o deporte rei, engancharse a el é o máis común, eu como non ía ser distinto, engancheime e moi forte, fíxeno tarde, pero cando o fixen foi como unha droga. Agora mesmo hai momentos que o aborrezo, perdeu moita esencia e valores.

¿ Deportista que admira ? 
Co que máis me identifico é con Raúl, non podo entender que se lle critique. Poucos xogadores teñen o seu palmarés, pero non o valoro só polo que conseguiu, sei que tecnicamente é un xogador con bastantes carencias, pero é un exemplo de como con moita humildade e sobre toda moita intelixencia se pode chegar moi lonxe, posiblemente un dos xogadores máis listos que vin nun campo e un exemplo a seguir fóra del. Emociónome opinando sobre Raúl.

¿ Peor e mellor momento que lle dou o deporte ? 
O mellor, os grandes amigos que fixen, o peor, todo o que sacrifiquei pola excesiva dedicación.

¿Una manía cando xogaba ?
Nunca fun de manías, nin no deporte nin en ningunha outra faceta da vida. Son demasiado desastre e tería moitos problemas para xestionar as manías, coñezo a algún que as ten e perde o seu tempo coidandoas.

¿Seu número favorito ?
Algo que me fascina é ver como todo mundo ten número e cor favorita. Ninguén é indiferente a esta pregunta, debe ser algo innato do subconsciente. Para min os impares e dentro deles o preferido o 3 (tocoume vestilo moitas veces), logo o 7.

¿Como persoa moi ligada no seu día, ¿que pensa da situación do Unión Vimianzo?
O Vimianzo foi un proxecto ao que entreguei moitas horas do meu tempo e polo que sacrifiquei moitas cousas. Por esta gran entrega teño moi bos amigos xerados nesta etapa, pero de poder volver atrás no tempo, desde logo buscaría un maior equilibrio. A situación actual é moi triste, todo ten un principio e un fin, pero hai moitas formas de finalizar as etapas. Pese a estar totalmente desligado teño a sensación de que algo dentro de min esta morrendo e sei que hai xente que esta dentro do barco que o esta a pasar moi mal. O Vimianzo foi sempre un club por e para os xogadores, no momento que estes perden o compromiso morre.

Como madridista, que opina de Mou?
Cústame moito crear unha opinión sobre Mou, despréndeme dous sentimentos contrapostos que non sei por cal guiarme. Por un lado paréceme un tipo moi intelixente, calculador e currante, gústanme estas virtudes, logo as formas desvalorízano por completo. A todos nos gustaría ter un Guardiola no noso equipo, pero só hai un.

¿Un partido que recordes especialmente dos que foi o Bernabeu e do Real Madrid ?
A primeira visita, o 15 de decembro do ano 2002. Facendo escala vindo de Estados Unidos, fora ver un Madrid-Recreativo, ía cunha mochila repleta de obxectos pesados, por un momento pensei que ou me desfacía da mochila ou non entraba, ao final puiden pasar, a partir de aí deime conta de que vivimos nun mundo de falsa seguridade no que todos nos sentimos protexidos. Ao final remontamos un 0-2 para acabar gañando 4-2.

¿Gañara algún título o Real Madrid?
Como madridista que son, xa fun máis practicante do que son, sempre tes a esperanza de que algo poida caer. Agora mesmo sacarlle algo ao barsa é complicado, pero unha vez que chegas as finais as forzas iguálanse moito. Como xa estamos nunha, despois de moito tempo, vou apostar pola Copa do Rei. Xa me anticipo as criticas que poida recibir dos cataláns dicindo que este titulo só non xustificaría a tempada. Un club con ese presuposto esta obrigado a gañar sempre.

¿Como chegou a Que pasa na Costa?
Dunha forma casual total. A través do meu traballo coñecín a Dani de Galinus e a raíz de ai fomos dándolle forma a colaboración. A páxina do Unión Vimianzo xa non tiña forma de seguir crecendo e a xente que me axudaba xa a tiña superqueimada.
Dende o 2008 que comezamos a colaborar ata hoxe todo foi moi fácil. Actualmente a xente que está detrás de QPC son a miña segunda familia. Enténdome e encóntrome moi a gusto con xente san de pensamento.

¿Están sobrevalorados os xogadores e a Liga da Costa en si?
Aínda que poida estar tirando pedras contra o meu propio tellado penso que tantos medios de comunicación e tanta cobertura ao fútbol da Costa non lle fai ningún ben. A gran maioría dos xogadores actuais, sobre todo os máis xoves, non saben asumir ese papel máis protagonista que lle ofrece a prensa. Ao mesmo tempo as directivas están perdidas en proxectos faraónicos con moi pouca base financeira e semella que todo obxectivo é gañar títulos, incluso coas categorías inferiores. Todo este cúmulo de circunstancias, entre outras, esta a ocasionar moito desorde nas filosofías dos clubs e nas súas estruturas de funcionamento. O xogador actual encóntrase con moito poder de negociación, esixen cada vez máis e ofrecen menos. Acabouse o xogar polo bocadillo e pola prima dunha cea. Nas mans das directivas está cambiar este rumbo.

¿Túa maior virtude e defecto?
Aínda que resulte paradóxico a máxima virtude acabase convertido no meu maior defecto, a implicación nos proxectos nos que me embarco.

¿O maior pracer da túa vida?
Praceres hai moitos e en cada momento tes que disfrutar o que toca, logo dos máis íntimos está o de viaxar, estou comezando a pensar que son viaxeiroadicto.

¿Un lugar para vivir?
Considérome un privilexiado de poder combinar Santiago con Urroa. Urroa para os fins de semana, Santiago para o resto de semana.

¿Un lugar para perderse?
Calquera no que poida estar lonxe do ruído e na compaña de amigos de verdade.

¿Película favorita?
Gústanme todas aquelas que teñen un guión con base histórica. Cústame diferenciar entre "El Último Mohicano" e "braveheart"

¿Actriz/ Actor favorito?
Clint  Eastwood, unha pena que se nos este acabando.
¿Grupo musical favorito?
Adáptome a moitos estilos e déixome levar bastante polas tendencias. Non invirto moitos horas escoitando música, son máis de escoitar radio non musical. Agora mesmo estou enganchado a La Pegatina.

¿Canción?
Calquera de Sabina, sería moi complicado escoller unha soa. Aínda que me enganchei tarde a el e case por obrigación, agora teño que recoñecer do acerto.

¿Libro?
Non son un gran lector de literatura decántome máis pola lectura científica. Aínda así recomendo O Libro Tibetano da Vida e da Morte, unha reflexión filosófica do budismo moi aproveitable.

¿refrán favorito?
"Predicar co exemplo", non sei si se pode considerar un refrán, pero penso que debería ser a máxima que todo mundo debería de usar para logo ter pé a criticar. Estamos nunha sociedade na que todo mundo pensa que só ten dereitos e esquécese das obrigas. Criticase todo por sistema e poucas veces construtivamente. Hai moita crise de ideas e poucos ideais.

 ¿Comida preferida?
Teño un paladar pouco exquisito, son de moi boa boca e dentro duns mínimos todo me vale. Son moi mal catador.

 ¿Personaxe fóra do deporte, que admira?
Ao largo de 33 anos foron pasando persoas moi importantes pola miña vida, unha que estivo dende o comezo e segue ao pé do cañon é miña nai. Pode parecer un tópico, pero posiblemente me tocara a mellor nai do planeta.

¿Un soño por cumprir?
Din que os soños si se desvelan logo non se cumpren, como bo galego que son...por se acaso... vouno manter en segredo.

2 comentarios:

  1. Que típico tópico o da NAI, como dixen eu... pero certo... non sei que fariamos sen elas!!!!

    Gran entrevista si señor e grandes verbas :)

    ResponderEliminar
  2. Que típico tópico o das nais... pero e que tes toda a razón, non sei que fariamos sen elas!!!

    Gran entrevista en grandes verbas de Oscariño!!

    Unha aperta a 2 cracks

    ResponderEliminar