lunes, 30 de mayo de 2011

A entrevista :Iván de Treos.

Desta vez o elixido para a nosa entrevista é o xogador e capitán do Unión Vimianzo, Iván Pardiñas coñecido no mundo da Costa como Iván de Treos.




¿ Que deporte lle gusta ver ou practicar ?

Gústame ver unha infinidade de deportes, aínda que agora xa non son tantos, fun capaz de engancharme ata a algún mundial de curling ou bobsleigh!. En canto a practicar, sempre me gustou o fútbol como deporte en equipo pero a miña gran debilidade, e que poucos coñecen, é o esquí alpino.

¿ Deportista que admira ?

Hai moitos…pero nomearei a dous: Miguel Indurain e Raúl González. En común para min teñen a humildade, a capacidade de superación e unha competitividade que deberían servir de exemplo para todos os amantes do deporte.

¿ Peor e mellor momento que lle dou o deporte ?

Tiven a sorte de non ter lesións importantes polo que seguramente o peor momento foi cando este ano me dei conta que o proxecto da SDU Vimianzo se acababa. O mellor momento está claro que foi a liga gañada fai xa dous anos…

¿Unha manía cando xoga ?

Creo que non teño aínda que me teñen dito moitas veces que falo demasiado nos partidos…

¿Seu número favorito ?

O 8. Venme de pequeno, cando Michel poñía os centros no Madrid (nunca entenderei como Luís Enrique puido renunciar a vestir esa camiseta). Despois de levalo 5 moitos anos, tamén lle teño cariño.

¿Como madridista, que opina da tempada do Real Madrid este ano ?

Considero que o Madrid dou un paso adiante coas fichaxes de Ozil e Di María pero tamén son dos que opino que non demostrou todo o seu potencial, sobre todo nos partidos co Barsa (que recoñezo sen problema que ten o mellor equipo).  


¿Qué opinión ten de Mou  ?

Un estratega do fútbol, sabe sacarlle un rendemento moi alto ós seus equipos. Para min esa é a súa maior virtude pero tamén a maior debilidade ó fronte do Real Madrid. Non me gusta que este equipo teña que cambiar o seu estilo de xogo en función de a quen se enfronten.

¿Fíxoselle moi dura a tempada no Unión Vimianzo?

Fíxoseme moi longa. Cando empezamos era consciente de que tiñamos unha gran debilidade de cara a portería pero gustábame moito o equipo técnico formado por Juan Jesús e Javi. Está claro que non hai nada que supla a falta de compromiso. Tamén quero deixar constancia do duro golpe que foi perder toda a temporada a Adrián pola súa lesión.

¿ Pensa que seguirá a andadura o próximo ano ou desaparecerá?¿ E vostede que camiño seguirá?

Con respecto ao Vimianzo o que teño claro é que a actual directiva non seguirá e polo tanto vexo moi difícil que o proxecto siga. No meu caso particular, atópome nunha fase de reflexión despois dunha temporada moi longa. Supoño que se aparece algunha posibilidade que me ilusione o suficiente seguirei xogando porque sempre necesitei o fútbol para sentirme mellor pola semana…

¿Un compañeiro ou rival que lle chamara especialmente a atención polo seu xogo?

Houbo moitos. Creo que na Costa existe un potencial incrible, seguramente do que andamos algo máis escasos é de directivos e adestradores que saiban inculcar os valores necesarios. De todos quédome con Ricard do Xallas co que coincidín nos primeiros anos do Vimianzo.

¿Súa maior virtude e defecto ?

Defectos moitos…. As virtudes, se as hai, prefiro que as digan os que me coñecen.


¿O maior pracer da súa vida ?

Intento disfrutar no día a día e en calquera situación pero está claro que viaxar é o máis especial.


¿Un lugar para vivir?

Encántame Santiago, como moitos dicimos se tivese praia sería perfecto.

 ¿Un lugar para perderse?

Calquera que me permita desconectar dos problemas.

¿Película favorita?

Teño varias, entre elas: El señor de los anillos, Million dollar baby ou La lista de Schindler.

 ¿Actriz/Actor favorito?

Clint Eastwood ou Jack Nicholson.

¿Grupo musical favorito?

Escoito de todo, depende do momento…

 ¿Canción?

Non teño canción preferida, sí algunha especial.

¿Libro ?

Non me gusta recoñecelo pero fai tempo que non leo case nada que non sexan os artigos científicos relacionados coa Nanotecnoloxía, o meu traballo dende que acabei a carreira.


 ¿Refrán favorito ?

Buff… non sei.

 ¿Comida preferida?

Seguramente a pasta (nas mil formas que se pode preparar…) .

 ¿A noite é para ….? 

Depende do momento pero sempre para disfrutala!.

¿Un soño por cumprir?

Teño moitos. Un que espero se cumpra aínda que cho conte é o de dar unha volta ó mundo…

  

No hay comentarios:

Publicar un comentario