martes, 13 de diciembre de 2011

Muxía - Monte Louro . 1-5.

MUXÍA C. F. : Jose Antonio( minuto 78 Cristian ), Carrera, Martinciño, Currás, Pataca, Julián, Raúl, Ziro, Albertiño ( minuto 72 Felipe), Arxires e Ramón.



Monte Louro : Isma, Pablo ( minuto 80 Jose ), Juan, Canelo, Teo, Fernando ( minuto 82 Pedro ), Dani ( minuto 75 Rico ), Denís, Edu ( minuto 60 Pesco ), Raúl e Jarondo ( minuto 65 Geiko ).

GOLES : 0-1 minuto 30 Dani, 1-1 minuto 45 Ramón, 1-2 minuto 52 Raúl, 1-3 minuto 71 Dani, 1-4 minuto 74 Pesco , 1-5 minuto 90 Rico.

Chegaba o Muxía despois de dúas victorias seguidas a domicilio e foi voltar a Arliña e voltar a senda da derrota.

Aguantou o  Muxía ata o 1 a 2 pero cando caeu o terceiro  baixou os brazos e vio como o Louro o goleaba. 

Nos locais sobresaío o traballo de Ziro no mediocentro donde callou un gran partido ante un Louro que dominou no xogo e foi máis efectivo e ata estrelou tres balóns nos paus.


O tempo na tarde do domingo na Arliña non estaba para moito xogo e o estado do cespede, cada semana peor menos aínda.

Polo tanto o balón parado sería clave e a primeira ocasión chegou  nunha falta lateral que cabecearon os visitantes o pau.

Os de Louro dominaban pero tampouco con demasiadas ocasións  e no minuto 25 o visitante Raúl  que non tivo seu día dispuxo dunha clara que malgastou. Quen non errou foi Dani que os trinta minutos adiantaba os seus e daballes tranquilidade.

Os 37 minutos de novo os visitantes se atopaban co pau da portería de Jose Antonio. O Muxía solo chegaba a balón parado e na última xogada do primeiro tempo un saque de esquina lanzado por Martinciño rematabao Ramón para igualar o partido.


A saída do tempo de lecer tivo a opción o Muxía de adiantarse no marcador , nunha segunda parte na que dispuña do vento a favor. Pero no 52 o visitante Raúl de tiro cruzado poñía en vantaxe os seus despois dun excelente pase entre liñas de Jarondo , eso si o seu disparo aínda tivo que tocar o pau para entrar.

Aquí comenzaba o principio do fin para os da Arliña, no 59 os de Louro de novo se topaban  co longueiro e no 68 erraban unha inmellorable oportunidade.

No 71 Dani e no 74 Pesco pechaban o partido e poñían o terceiro e cuarto gol respectivamente.


 Co partido perdido foi cando máis lucío a calidade de Ziro que puxo un balón para Felipe quen dende fora do área lanzaba un dereitazo a escadra que sacaba de maneira incrible Isma.  No saque de esquina o típico  rebumbio do que dispoñen os locais tódalas semanas  acabou co balón no longueiro da portería de Isma.

De ahí ata o fin pouco que contar solo o quinto gol por medio de Rico na última xogada do partido.




No hay comentarios:

Publicar un comentario