miércoles, 21 de diciembre de 2011

Muxía - Volantes de Baño. 1-3.

MUXÍA C. F. : Ángel Luís ( minuto 80 Jose Antonio ), Carrera ( minuto 54 Jose Manuel ), Martinciño, Currás, Pataca, Julián, Ángel do Claudio, Raúl ( minuto 80 Felipe ), Gerardo, Nico ( minuto 56 Juan do Coral ), Ramón ( minuto 53 Albertiño ).



VOLANTES DE BAÑO : Bole, Fran , Josiño, Juan, Paky ( minuto 81 Pardelo), Ramón ( minuto 60 Javi ), Nimo, Brais, Edu ( minuto 65 Ivi ) , Piti, Seluco.

Expulsións : Gerardo minuto 83 por unha forte e innecesaria entrada cartón vermello directo, Currás minuto 89 dobre cartón amarelo e o visitante  Javi por dobre cartón amarelo minuto 86.

GOLES : 0-1 minuto 17 Brais a saída dun saque de esquina dispara dende a frontal e seu lanzamento pega nun xogador e despista a Ángel Luís, 0-2 minuto 46  falta lateral  lanzada por Seluco que Paky solo ten que tocar para facer o gol, 1-2 minuto 62 Pataca de penalti cometido sobre Albertiño, 1-3 minuto  77 Ivi .

Despois da malleira que recibira o Muxía na primeira volta na súa visita a Muros, querían resarcirse os da Arliña e seguro que foron un rival moito máis compricado que no debut na Liga.

Voltaba a Arliña de novo Gerardo quen tentou ser o faro do xogo do Muxía , que tiña un bo puñado de baixas sobre todo na medular,  e con el outros dous debuts ca camiseta vermella o de Nico que foi titular e Juan do Coral que entrou  na súa sustitución.


No que respecta o fútbol pouco se viu e pouco se pode ver nunha Arliña que cada partido que pasa ten un peor estado, aguantar catro equipos en liza para un campo de herba natural e coidado de aquela maneira pois é moito conto a estas alturas de ano.

Así o gol tivo que chegar a saída dun saque de esquina do cal o rexeite chegou a Brais na frontal e o seu lanzamento tras pegar nun xogador da maraña que andaba polo área desviouse e foi imposible xa para Ángel Luís.

O dito pouco xogo e moito balón en longo e un deses deixou a Seluco ante Ángel Luís que fixo un paradón o tiro do muradán.


Con ese resultado e moi pouco fútbol chegouse o tempo de lecer.

E a saída da caseta un lanzamento de falta a perna cambiada dende a dereita de Seluco solo tivo que tocalo Paky para facer o segundo visitante no minuto 46.

Despois deste gol parece que os locais espertaron e no 48 Gerardo tivo a ocasión para acurtar diferencias. 

Aínda que a resposta visitante de novo cun balón longo desta vez sobre Piti, fixo que Ángel Luís demostrara as súas cualidades no man a man e deixar o partido vivo.


O Muxía fixo cambios e tivo outro brio, sobre todo ca entrada de Albertiño.  No minuto 60 os locais conseguían enlazar unha xogada que chegaba a Juan do Coral que errou no disparo.

No 62 unha xogada de Albertiño por banda acabou con este derrubado no área co conseguinte penalti que transformou Pataca.

Este gol fixo creer os xogadores e os siareiros locais que entraron totalmente no partido e apretaron máis os visitantes, que eso si de novo a contra no 70 gozaron dunha nova ocasión.


Os locais con máis gañas que ocasións tentaban a igualada, pero todo se ven abaixo cando no 77 unha xogada por banda esquerda acabou co gol de Ivi.

Ahí finou o partido e solo quedou tempo para as tres expulsións tan xustas  como innecesarias que penalizarán nos seguintes partidos os infractores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario