jueves, 24 de febrero de 2011

A entrevista : Barca Toba.

Hoxe cumplimos un mes de blog, e por eso ofrecemos a primeira entrevista a cal se ofreceu sen ningún problema a amiga e xogadora do Fisober e do Orzán, Barca Toba. Esperamos que sexa a primeira de moitas.




¿ Fútbol ou fútbol sala ? Os dous, non podo decantarme por ningún, eso vai por rachas, pero os dous son as miñas paixóns!

¿ Deportista que admira ?
 Zinedine Zidane.

¿ Peor e mellor momento que lle dou o deporte ?
Peor: os descensos e non ascender co Fisober o último partido de liga, eso foi o que mais me doio sin dúbida. A parte das lesións que eso é algo que vai ligado a este deporte.
O mellor que me deu o deporte: ascenso a Nacional, campeonas de copa galegas e ir coa selección galega os campeonatos de España tanto de futbol,como de sala.


¿Como se entreten nos viaxes do equipo ?
Durmindo...jejjeje...intentando falar cas compañeiras ou vendo películas.

¿Una manía cando xoga ?
Os calcetins teñen que ser sempre os mesmos, ou parecidos!

¿Seu número favorito ?
O 10.

¿ Que pensa das tempadas de Fisober e Orzán ?
As tempadas:
A do Orzán empezamos moi ben e ahora estamos en apuros, esperemos que todo salga ben e poder manter a categoría xa que todo o contrario sería un fracaso.Eu espero que o final nos salvemos, pero non vai ser fácil, de todas formas a primeira volta foi moi boa, a pena esta sendo a segunda. ahora quedannos 7 finales!
 A tempada co fisober impresionante, costounos unha volta coñecer a categoria, os equipos, cambiar a forma de xogar xa que a outra categoria era moi,moi diferente a esta e ahora na segunda estamos facendo méritos para quedar entre os 5 primeiros, ese é o obxectivo xa que o da permanecia esta máis que saldado...de todas formas a tempada calificase de moi boa!

Como madridista, ¿ Ganara o Real Madrid algún título este ano ?
Claro, espero que si vamos...a Champions sería o que me faría especial ilusión.

¿Foi algunha vez o Bernabeu ?
Si, a ver o Madrid- Barsa...impresionante...Quedaran 1-1 o gol do Madrid de Ronaldo o do Barsa de Kluivert.

¿Túa maior virtude e defecto ? 

Virtude: o sacrificio.
Defecto: supoño que moitos pero ata o de agora nadie me dixo ningún defecto do que me tivese que preocupar polo que non teño nada que dicir. Bueno, si se pode considerar defecto a excesiva competitividade que teño e as ganas de ganar e xogar en todos os partidos, sexa cal sexa a rival.

¿O maior placer da túa vida ?
Buf, hai moitos...máis que placeres busco felicidade e eso consiguese día a día, disfrutando do traballo, dos amigos, do futbol e da familia.

¿Un lugar para vivir?
A Coruña.

 ¿Un lugar para perderse?
O Caribe...jejeje.

¿Película favorita? 
La vida es bella.

 ¿Actriz/ Actor favorito?
Julia Roberts.
 

¿Grupo musical favorito? La oreja de Van gogh.

 ¿Canción?
Moitas...Blanco y Negro de Malú.

¿Libro ?
El diario de Ana Frank.

¿ Refrán favorito ?
A sencillez e a humildade son a clave do éxito.

 ¿Comida preferida?
Ensalada...jejeje

 ¿Personaxe fora do deporte, que admira?
A miña nai.

¿Un soño por cumplir?
Hai tantos...chegar algún día a superliga ou a Div. de Honra. Aparte da plaza fixa claro! jeje.( Barca é mestra e apesares de rozar o 10 nas dúas últimas oposicións o non ter puntos por experiencia privouna da plaza. )

No hay comentarios:

Publicar un comentario