miércoles, 7 de diciembre de 2011

Fisober B - Espartanas. 1-2.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : FISOBER B “CONCELLO DE VIMIANZO” – ESPARTANAS . 1-2.

FISOBER B : Martina, Iria, Inés, María e Tamara ; tamén xogaron : Mónica, Laura, Natalia, Cris e Nuria.



ESPARTANAS : Sandra, Adriana, Rebeca, Andrea e Silvia ; tamén xogaron : Patricia e Marta.
Árbitro e Mesa : Vicky Mosquera e Irene Lojo.

GOLES : 0-1 Adriana  ; 1-1 Natalia, ( descanso) ,1-2 Adriana.

Xogaba na maña do domingo  o filial do Fisober no Pavillón da Ponte do Porto  un lugar onde aínda nunca o fixera.

Dende o inicio quedaba claro que non era a maña das da Costa, tanto polo pouco acerto como pola falla de intensidade e poucas gañas que parecían mostrar boa parte do plantel.

No minuto inicial a local Tamara tiraba moi desviado e os cinco minutos  era a capitana María quen recollía no medio campo un balón enviado pola porteira Martina , desfaciase das xogadoras rivais e plantabase sola diante da porteira visitante Sandra quen rexeitaba o seu disparo, o rexeite collíao Iria quen completamente sola lanzaba as mans de Sandra.

Na xogada seguinte Inés roubaba o balón , enviaba para María quen facía un forte lanzamento que pasaba lambendo o pau.


As Espartanas querían facer perigo tamén , Adriana collía un pase no borde do área desfacíase das defensoras do Fisober  e de forte tiro facía lucirse a porteira do filial do Fisober Martina que tivo unha gran actuación o igual que a súa compañeira Mónica moi activa na laboura defensiva.

Os dez minutos unha falta de entendemento local o saque dunha falta  propiciou o un para un de Adriana con Martina que a porteira local desbarataba cun paradón.

Pero tanto iba o cantaro a fonte que un novo erro local o que se lle sumou a pasividade defensiva , e desta vez si que non errou Adriana para poñer en vantaxe as visitantes.


Dende aquí o Fisober  era cada vez máis espeso , e desmotivado  e as Espartanas a espera do erro para saír a contra . Pero cando todo facía esperar que se chegaría con ese resultado o tempo de lecer , un saque longo de Martina era conducido por Iria quen cedeu para que Natalia marcara  de reviravolta a tan solo 18 segundos do fin deste tempo.

Na segunda metade a intensidade e as gañas seguiron sendo as mesmas. A pesares desto os dous minutos Inés roubaba un balón o cal cedía para Iria pero erraba inexplicablemente. Os cinco minutos de novo Inés tiña unha dobre ocasión pero se atopaba con Sandra.


Nos seguintes minutos de novo Iria e María voltaban a bater contra Sandra cando o máis fácil parecía o gol.

Pero o enésimo fallo de concentración local aproveitouno Adriana os 10 minutos para poñer  o 1 a 2 que a postre sería definitivo. Unha Adriana quen fixo intervir de novo a Martina os 15 minutos.

Case de seguido era María quen dispuña da ocasión local para a igualada e a replica visitante  foi por mediación de Rebeca.

Chegabase os cinco últimos minutos de partido e Adriana tiña dúas ocasións para sentenciar o mesmo pero Martina freou as súas opcións.

Despois dunha maña tan mala aínda   as do filial tiveron dúas últimas oportunidades unha por mediación de Iria  que  despois dun pase de Inés quedaba no man a man con Sandra pero de novo erraba.

E un último disparo de Laura que se lle foi por encima do longueiro cando xa finiquitaba o partido.

Este xoves as 19 horas enfrentanse o Ponteceso e moito deben mellorar sobre todo en actitude se queren puntuar. 


Colabora : Jordi Pasarela.

Imaxes de archivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario