lunes, 26 de diciembre de 2011

2011 en Luigi na Costa, Videos !

Comenzamos cos especiales de Nadal, hoxe eleximos os mellores e máis representativos VIDEOS do ano no blog :

Dende aquel primeiro video que colgamos que foi o mítico A pola copa de Andrea Sendón. Despois xa decidimos ir colgando videos de elaboración propia que podíamos grabar durante os partidos. Ese primeiro foi un do partido Fisober vs Ribadeo que tivemos que personalizar un pouco con motivo do curso, por certo é o segundo máis visitado.  

O mérito de ser o máis visitado é para o gol de María fronte o Ponteceso, será pola música pero arrasou. Un partido no que todos os seus video son dos máis visitados. O gol de Ylenia que foi o primeiro gol do Fisober B que se colgou ou as Ocasións de Andrea e Noelia , o cuarto gol do partido ou unha falta lonxana lanzada por Myrella, a pesares de haber máis eses foron os máis visitados dese partido. 

Outros videos que tiveron moitas visitas foron os do partido en Marcón , aquel lexendario viaxe para o Fisober. Do máis visitado a contra entre Elsa e Ana  e o gol de Ana ese mesmo partido.

O partido Meigas B vs Fisober B tamén trouxo dous videos con moitas visitas. Un gol de falta do Meigas e outra falta casi idéntica que non chegou a ser gol. Outro video que a pesar de non ser de elaboración propia tivo moitas visitas foi un que colgaron dende o Fervenza do partido entre o seu filial e o do Fisober.

Outra serie que tivo moito aquel foi a loita de Olalla para conseguir o seu primeiro gol en Autonómica. Unha ocasión fronte o Leis na tempada pasada foi o comenzo, pero o gol chegou de penalti fronte o Mos. Continuou con outro penalti no Carballiño, pero de novo no Carballiño e fronte o Meigas non pudo continuar.

A guerra de Barca co gol tamén deu xogo e propiciou sorrisos no vestiario. Os Barka non marka primeira e segunda parte. O seu gol esta tempada xa  de penalti fronte a Burgas. Ou a súa ocasión o Cios.

Goles como o de Noelia de dobre penalti o Leis , o de Patri o Meigas, o penalti marcado por Eva Lago co Orzán o FC Barcelona. 

Pero tamén tivemos Frontenis , unha final de consolación que enfrontou as Fisober´s , Barca Toba e Ana Mouzo. Ou un guiño o Pipa Higuaín e o seu gol que deu unha Liga en Pamplona.

E para ver tódolos videos publicados no blog pulse AQUÍ. E de regalo o Ai Se Eu Te Pego de Michel Teló que une a madridismo e Fisober´s.

No hay comentarios:

Publicar un comentario