jueves, 17 de noviembre de 2011

A entrevista : Ángel Luís.

Hoxe a entrevista adicamoslla a Ángel Luís Díez, porteiro e capitán dun Muxía que non pasa polo seu mellor momento histórico.



¿ Fútbol ou fútbol sala ?

Uff, ambos deportes me gustan, pero o fútbol sala é máis activo, así que fútbol sala.

 ¿Porteiro por?

Sempre me gustou, pero creo que o que me decidiu a ser porteiro foi, cando tiña 4 anos e me puxen por primeira vez nunha portería nunha horta a que lle chamamos o campo de Ángel e parei un penalti, alí  dixen vou ser porteiro.

¿ Deportista que admira ?

Pola humildade que ten, e por ser un referente para todos os porteiros xoves do mundo, sen dudalo Iker Casillas.

¿ Peor e mellor momento que lle dou o deporte ?

O peor sen duda e esta temporada co C.F. Muxía, ver como temos a todos os muxians ciscados por ahí adiante e nós case sen equipo.

E mellores quedome con dous momentos, cando con 13 anos debutei co C.F. Muxia xuvenil contra o Soneira e entrei no minuto 75 e gañamos 1-3.

E este ano a convocatoria ca selección da costa, creo que foi un premio merecido o traballo personal e individual destes anos.


¿Como se entreten nos viaxes do equipo ?

Pois contando chistes e facendo o parvo.


¿Una manía cando xoga ?

Xogar de corto, e entrar o campo cos ollos pechados.

¿Seu número favorito ?

O 13 sempre me gustou.


¿ Como se sente sendo o capitán do Muxía con tan solo 23 anos?

A verdade e que é raro, pero creo que aporto seguridade ó equipo, e ese punto de veteranía que normalmente non se ten con 23 anos, podo dicir que me sinto feliz.

¿ Que espera da tempada do Muxía?

Pois que sexa o máis digna posible, e que se recuperen sin consecuencias os xogadores lesionados como Miguel Camarón e Albertiño.

¿Ten idea de cal é a razón de que tanto xogador de Muxía en tódalas categorías emigre?

Seguramente sexa porque nunca temos nada serio ata o último momento, pero é que non se dan conta de que non se pode ter algo serio si todos marchan.

¿Como madridista, ganara o Real Madrid algún título este ano ?

Espero que si ainda que o Barça está ben, creo que gañaremos a Liga e a Champions ou eso espero.

¿Foi algunha vez o Bernabeu ?

Por desgracia non, pero espero ir este ano.

¿Súa maior virtude e defecto ?

Defecto, pois demasiado temperamento e moito pronto, e virtude, pois quedaríame co sacrificio e voluntade  para xogar.


¿O maior pracer da súa vida ?

Encántame o chocolate, e todo o que é bollería jeje.




¿Un lugar para vivir?

Muxía, ainda que no inverno este morto.

 ¿Un lugar para perderse?

A Praia de Nemiña ou as cascadas do castro de Frixe.

¿Película favorita?

Calquera de acción pero quedome cas tres de¨ Transporter¨.

 ¿Actriz/ Actor favorito?

Jasson Statham.

¿Grupo musical favorito?

Quedome ca xitanada en xeral, ´´los chichos´´, ´´manzanita´´ etc…





 ¿Canción?

My way de Frank Sinatra.

¿Libro ?

El ocho de Katherine Neville .

 ¿Refrán favorito ?

O que dá o que ten, mira para quen o leva.

 ¿Comida preferida?

Pois a verdade e que moitas, pero a tortilla de miña avoa  está de vicio jejejeej.

 ¿A noite é para…………….? 

Perderse no Castro de Frixe en boa compañía. 


¿Un soño por cumplir?

Moitos, pero o que máis quero e volver a ver o C.F. Muxia na élite do fútbol costeiro.




Outras entrevistas :


Fran de Urroa.




Eva Lago.




Andrea Sendón.




Iván de Treos.




Jordi Pasarela.




Iván Chans.




Oscar Santos.




Dimas Leivinha.




Barca Toba.

No hay comentarios:

Publicar un comentario