lunes, 12 de diciembre de 2011

Fisober - Guntín . 4-1.

LIGA AUTONÓMICA

RESULTADO : FISOBER “ CONCELLO DE VIMIANZO “ – CONCELLO DE GUNTÍN : 4-1.

FISOBER : Paula, Patri, Elsa, Ana e Olalla ; tamén xogaron : Nuria, Ylenia, Myrella, Barca, Noelia, Eva e Alba.



GUNTÍN : Jessi, Paula, Cristina, Verónica e Laura ; tamén xogaron : Noelia, Nerea e Jessica.

Árbitro e Mesa : Lois Villarino e María Rey.

GOLES : 1-0 Nuria , 1-1 Laura,( descanso) , 2-1 Alba, 3-1 Patri, 4-1 Nuria.

O Fisober manteñese líder en solitario  despois de vencer o Guntín  nunha tarde na que a falta de gol as privou dun partido  máis prácido e cómodo.

Comenzou o partido cos dous equipos tanteándose  e con medo a arriscar. As locais levaban o peso do mesmo e as visitantes buscaban a contra.

E así foi cando os tres minutos a visitante Laura poñía por primeira vez a proba a Paula. Solo un minuto despois desta vez Verónica se topaba novamente  con Paula.


Fisober tomou nota e comenzou o seu xogo. As  ocasións  ían caendo, primeiro foi Patri a que batía con Jessi. Os seis minutos Elsa non conectaba un inmellorable pase. E case de seguido era Nuria a que se topaba de novo  con Jessi.

Pero os nove minutos Nuria non errou e nunha xogada individual facía o primeiro gol local. E case sen tempo a asimilalo de novo probaba fortuna dende lonxe e vía como o seu lanzamento batía co longueiro.

As visitantes respostaban cunha das súas poucas aproximacións pero Verónica vía como Paula moi segura atallaba.


As locais seguían na busca de maior ventaxa e Myrella, despois Noelia e de novo Myrella non o conseguían.

E nunha das poucas aproximacións visitantes unha falta de concentración nun saque de banda propicíou co lanzamento de Laura igualase o encontro os trece minutos.

Volta a empezar para as locais e Patri  por partida doble seguía sin superar a Jessi. Unha Jessi que no minuto dezaseis sacaba dous balóns incribles primeiro de novo a Patri e despois no rexeite a Noelia.


Antes do tempo de lecer Nuria gozou dunha nova oportunidade de gol, pero o electrónico non se moveu.


A segunda metade comenzou como a primeira cos dous equipos temerosos de que un erro botara por terra as súas opcións, cas locais dominando máis e as visitantes na búsqueda do contragolpe.

Pero os cinco minutos quen gozou dunha contra foi Fisober , e Alba completamente sola erraba o máis fácil. 

Unha Alba que  case non permitiu que o erro constase en acta xa que na seguinte xogada unha nova contra desta vez si marcaba de forte disparo e voltaba a poñer por diante as locais.


E sin tempo para recuperarse as visitantes, os sete minutos Patri finalizaba unha gran xogada para o tres a un. Unha ventaxa que case incrementa Nuria solo un minuto despois.

Os nove minutos a visitante Noelia, a máis perigosa das de Guntín durante toda a tarde, non era quen de superar a porteira do Fisober nesta segunda metade Eva, que continuou co bo facer da súa compañeira Paula na primeira, as dúas se mostraron moi seguras ante as escasas pero perigosas chegadas visitantes.

Os minutos foron pasando ata que aproximándonos  os trece Nuria se atopou ca súa opción e no man a man con Jessica ,a defensora da meta visitante neste tempo, definiu con tranquilidade por encima dela para o catro a un e senteciar o partido.


Barca quería facer o seu goliño pero non era quen, e Guntín respostou con dúas claras opcións para Laura e Noelia pero Eva solventou con seguridade.

Dende aquí ata o fin os equipos na busca de que os minutos pasaran, e ocasións de aumentar distancias para Patri e Noelia e unha final no último minuto para as visitantes.

Fisober visitará na vindeira semana Ourense para enfrontarse o Cidade das Burgas e tentar rematar o ano como líder na última xornada antes do parón de Nadal .

No hay comentarios:

Publicar un comentario