jueves, 29 de diciembre de 2011

Patri sigue no Fisober !!!!!

A noticia do día de onte na que explicábamos a marcha de Patri do clube, era a INOCENTADA do blog, así que de momento seguiremos a disfrutar da brilante xogadora muxiana no Fisober e agardamos que por moitos anos.

Non sabemos si moita ou pouca xente se fixo eco da nova e picou, pero o que si sabemos e que onte foi un dos días con máis visitas o blog da Historia senón o que máis, a altura do día da Nota de Prensa do Fisober despois da denuncia do Ponteceso, ou o día que salio a entrevista de Oscar Santos.

No día de onte houbo outras inocentadas de nivel, como na Radio Nordés que dixeron que Cristiano e Irina se casaban maña no Santuario da Barca. Casillas que deixaba o fútbol a fin de tempada, aínda que máis inocentada era ver a súa cara despois dunha alerxía se non o vexo non o creo. Valdés dixo que fora atacado por un tiburón e estaba pendente de evolución.

Ou unha que a pesar de ser inocentada picou moita xente e xornalistas, a Federación Española de Balonmán dixo que como non daban acabado o Handball Arena en Londrés o balonmán xogaríase en España, horas máis tarde tiveron que desmentilo dado a transcendencia que colleu.

Outros dixeron que Guardiola se ía para Qatar, a volta de Capdevilla o Depor e moitas outras que se sucederon durante o día.

Polo que nos toca moitas gracias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario