jueves, 19 de mayo de 2011

A entrevista : Jordi de Pasarela.

Desta vez o entrevistado é Jorge Ferreiro , máis coñecido como Jordi de Pasarela, pertencente o corpo técnico de Fisober, últimamente adestrador das solteiras de Vimianzo e habitual en Ligas locais de fútbol sala.




¿ Deportista que admira ?
A todas as xogadoras do FISOBER, a Stoitchkov e tamén a  Luís Amado.

¿ Peor e mellor momento que lle dou o deporte?
A min personalmente como nunca fun moi bo, nin son, posiblemente nunca tiven momentos bos nin momentos malos.Pero por outros compañeiros,o peor foi falar con Fran Toba cando o ano pasado,non quixen ir ver o último partido do Fisober por medo e perderon a Liga,,que inxusto e este deporte as veces. 
O  mellor e velas xogadoras todolos fins  de semana tanto as do Fisober  como as do Fisober B,dando todo e deixando a pel  por esas pistas de toda Galicia,eso e o mellor,sen dúbida ninguna.

¿Unha manía cando xoga ?
Levar as máximas prendas que poída negras.

¿Seu número favorito ?
O número 13.
¿Un partido do F.C. Barcelona que recorde especialmente?
O 2-6 do Bernabeu.
¿É fácil ser do F.C. Barcelona ahora?
Si, supoño,pero eu xa sufrín, Romeritos,Sánchez Jaras e compañía,pero hai que estar a todo.Desde aquí animo a todal@s  rapazas/ces  a que se sumen,que ser do BARÇA, e unha das mellores cousas que che poden pasar na vida.

¿Súa maior virtude e defecto ?
A miña maior virtude e ser tan guapo e o meu maior defecto e que as mulleres non o sepan apreciar,ja,ja,ja.

¿O  maior placer da súa vida ?
Sentarme nunha pedra mirando o mar  unha noite de verán, pero ben acompañado claro.

¿Un lugar para vivir?
PASARELA sen dúbida ningunha vamos.

 ¿Un lugar para perderse?
Calquera preto,moi preto  do mar,pero ben acompañado outra vez ,ja,ja.

¿Película favorita?
Mar adentro.

 ¿Actriz/ Actor favorito?
Robert de Niro,Al  Pacino e actriz a nosa Maribel Verdú.

¿Grupo musical favorito?
Grupo Fito e os Fitipaldis,e cantautor o máis grande dos grandes don JOAQUÍN RAMÓN MARTÍNEZ SABINA.

 ¿Canción?
Como un explorador,de SABINA por suposto.
¿ Un libro?
Memorias dun neno labrego e La familia de Pascual Duarte.

 ¿Refrán favorito ?
É de ben nacido ser agradecido.

 ¿Comida preferida?
Uns bos percebes,ainda que non sean coma puños coma os do finado Currás,ja,ja.

 ¿A noite é para...?
A miña edade  para  durmir,ja,ja,non hai moito tempo era para  salir.

¿Un soño por cumplir?
Como di unha canción de SABINA: “Me enamoro de todo me conformo con nada”. Son bastante simple, confórmome con ser eu, vivir donde vivo e estar cos meus amigos, cos amigos de verdade, que eu sepa non teño soños que cumprir. Chegame con isto,así  cúmprese o meu soño.

2 comentarios:

  1. A resposta final é grandiosa, eu tamén creo que con eso chega para ser feliz. Oxalá todo mundo pensase así :)

    ResponderEliminar
  2. Moi boa resposta á pregunta final. Eu tamén penso así, con eso chega para ser feliz, o malo é que non todo mundo lle chega con iso e así vai o mundo. Unha aperta a ambos.

    ResponderEliminar