viernes, 4 de noviembre de 2011

A entrevista : Fran de Urroa.

Hoxe adicamoslle a entrevista a Francisco Miñones Bermúdez, máis coñecido como Fran de Urroa , capitán  do Soneira e adestrador dos cadetes deste mesmo clube.


A entrevista foi feita uns días antes da dimisión de Manolito e aínda que ia ser publicada noutras datas a actualidade fixo que trocáramos de opinión.

¿ Que deporte/s  lle gusta ver ou practicar ?

Gústame sair en bici e encántame ver tenis.

¿ Deportista que admira ?

Gómez Noya.

¿ Peor e mellor momento que lle dou o deporte ?

Quédome cos bos momentos: o ascenso a Preferente para min foi moi especial.

¿Como se entreten nos viaxes do equipo ?

Nos desplazamentos largos sempre voto por poñer unha peli.

¿Que recordos lle deixaron o seu paso polas categorías base do Baio? 

Ao Baio débolle a miña formación, quédome co recordo dos meus primeiros partidos e os madrugóns para xogar os domingos pola mañá.

Case toda a vida futbolística transcorreu no Soneira ¿Concibes xogar noutro equipo federado?

Nunca sabes onde podes acabar xogando, pero agora mesmo non me vexo en ningún equipo que non sexa o Soneira.

¿ Despois do impresionante ano pasado do Soneira, tocaron o seu teito?

Penso que o sexto posto é mellorable e o título da Copa, inda que é moi difícil, tamén o podemos revalidar.

¿Saliron ca mesma ilusión esta tempada ou o ser o segundo ano todo é diferente?

É certo que o primeiro ano sempre xogas con un plus de motivación pola nova categoría pero non por iso este ano temos menos ilusión, o que sí é certo, é que os segundos anos sempre costa máis gañar os partidos. 

¿Agora mesmo que che ilusiona máis, saír a xogar os domingos ou dirixir ao equipo cadete os sábados?

Sigo considerándome máis xogador que entrenador pero é certo que me sinto moi cómodo cos chavales e disfruto moito cada sábado no banquillo.

¿Una manía cando xoga ?

Teño moitas... por exemplo vestir sempre primeiro a media da esquerda.

¿Seu número favorito ?

O 6, leveino moitos anos e téñolle un cariño especial.


¿Un compañeiro ou rival que lle chamara especialmente a atención?

Quédome con dous. Un compañeiro; Míchel, pola intelixencia coa que lee os partidos e cun excompañeiro; Vitu, pola súa capacidade de sacrificio.

¿ Como barcelonista, quedalle moito a era Guardiola ?

É moi difícil que sigan mantendo esta hexemonía durante moitos máis anos pero si confío en que seguirán sendo durante moito tempo un equipo moi competitivo porque a transición dos futbolistas estase facendo de forma correcta e as categorías inferiores empápanse da filosofía de fútbol deste BarÇa.

¿ É o F.C. Barcelona invencible?

Claro que non, o que si é certo, é que en competicións nas que prime a regularidade é moi difícil de bater.

¿Foi algunha vez o Nou Camp ?

Sí, pero nunca vin un partido (espero poder facelo este ano).

¿Súa maior virtude e defecto ?

Considérome unha persoa moi racional e obxetiva (si pode considerarse unha virtude) e son tremendamente impuntual (si pode considerarse un defecto).

¿O  maior pracer da súa vida ?

Compartir unha cea coa miña familia.

¿Un lugar para vivir?

Son un enamorado da miña Urroa pero si tivera mar, sería o lugar perfecto.

 ¿Un lugar para perderse?

A praia de Traba.

¿Película favorita?

Braveheart.

 ¿Actriz/ Actor favorito?

Scarlett Johansson/Tom Hamks.

¿Grupo musical favorito?

Coldplay.

 
¿Canción?

The man who sold the world, de Nirvana.

¿Libro ?

"Que me queres amor?".

 ¿Refrán favorito ?

O que non clava, nunca acaba.

 ¿Comida preferida?

A empanada de mazá que me fai miña avoa.

 ¿A noite é para….? 

Facer o que non fas de día...

¿Un soño por cumplir?

Deportivo...? Ascender co Soneira a Terceira....


Outras entrevistas :








No hay comentarios:

Publicar un comentario