lunes, 12 de diciembre de 2011

A Salina - Fisober B. 6-0.

LIGA PROVINCIAL

RESULTADO : A SALINA – FISOBER B “ CONCELLO DE VIMIANZO” : 6-0.

A SALINA : Alicia, Inés, María, Uxía e Sandra ; tamén xogaron : Carmen, Leticia e Merche.

FISOBER B : Martina, Iria, María, Tamara e Inés ; tamén xogaron : Mónica, Loly, Laura, Natalia e Cris.



Árbitro e Mesa : Vicky Mosquera e Irene Lojo.

GOLES : 1-0 Uxía, 2-0 Merche, ( descanso ),3-0 Uxía, 4-0 María,5-0 Leticia, 6-0 Merche.

Demasiado castigo en forma de goles  para o filial do Fisober que a pesares  do abultado do tanteador realizou un moi bo partido, pero o balón parado e a falta de experiencia  inflou o resultado  final.

Comenzou máis forte do habitual o filial e xa os dous minutos María probou un lanzamento a portería. As de Esteiro respostaron cun lanzamento de Uxía que atallou Martina e un de Inés que pasou a rentes do pau.

Os cinco minutos un erro no pase das visitantes  propiciou que Uxía adiantara as súas no man a man con Martina.

Non se ven abaixo coma outras veces o filial e a visitante Inés conectou con María que lanzou fora. A replica foi para a capitana local Carmen pero Martina parou sin problemas.


Mediada a primeira metade ía dispoñer de dúas boas ocasións o conxunto visitante por medio de Inés primeiro e despois de María.

Esto debeu encender as locais que encadearon ocasións dende o minuto quince. Martina freou os lanzamentos de Merche ata en dúas ocasións. Pero os dezasete minutos despois dun saque de banda a favor propiciouse unha contra que  de novo Merche desta vez  non erra e fixo o segundo gol local.

Pasou por malos momentos o filial do Fisober  dende aquí ata o  tempo de lecer, gozando de ocasións as locais Leticia, Merche, Uxía e María. A esto engadiuselle a lesión de Mónica que despois dun golpe non puido continuar xogando o partido, pero do que por sorte  xa está totalmente recuperada.


Eso si entretanto  tamén dispuxo da súa ocasión  a visitante Iria pero a porteira local Alicia parou con seguridade.

A segunda metade comenzou co filial de novo moi enchufado e unha conexión de Cris con Iria fixo intervir a porteira. E de novo unha recuperación de Iria puxo en moitos apuros a local Alicia.

Respostou para as locais Merche pero Martina atallou en dous tempos. Os sete minutos unha falta lonxana lanzada por Iria creou moito perigo a meta local.

O partido case quedou finiquitado os once minutos cando despois dunha xogada ensaiada de saque de esquina  Uxía facía o tres a cero. E solo un minuto despois María o cuarto.


Neste momento as do filial viñeronse un pouco abaixo e Uxía, Merche e Leticia gozaron de ocasións a contra para as locais.

Aínda así un par de combinacións entre Inés e María buscaron un merecido gol da honra que non quixo entrar. E un par de faltas lanzadas por Iria tamén crearon certo desasosego as locais.

Goles que si chegaron para as da Salina por medio de Leticia e despois dun saque de banda Merche facía o definitivo seis a cero.


As rapazas do Fisober B  xa chegan  o parón de Nadal debido a que este fin de semana lles toca descansar e non volverán a disputar partido oficial  ata Xaneiro, pero chegan deixando un bo sabor de boca  despois deste último partido e mellorando a imaxe  do fin de semana pasado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario