jueves, 22 de diciembre de 2011

Fin de ano para o Laso Team.

Hoxe remata a primeira fase da Euroliga e por eso despois de moito tempo sin falar do Real Madrid NBA a falar un pouco del ahora que remata o 2011.


E fago xa que un servidor foi moi crítico de como se andaba a levar a sección e os fichaxes incluidos o do técnico Pablo Laso. E pasado o tempo non teño máis que decir que parece, solo parece , que algo anda a cambiarna casa branca. Rematan líderes do seu grupo de Euroliga pase o que pase hoxe, por encima de Efes e Maccabi que asustaban e moito os cales non se atoparan no TOP 16, salvaranse de verse co CSKA e Barsa na seguinte fase os dous grandes favoritos da competición. Pode ser que se vexan co Panathinaikos o terceiro en discordia, ou co Siena que podería estar o nivel dos actuales compañeiros de grupo  pero non hai queixa.

Son tamén líderes na ACB, aínda que se disputará aínda unha xornada antes de rematar o ano, no basket non se para. Polo average pero de momento líderes. Pero da a impresión de que algo cambiou xa que Messina comenzou de forma parecida, pero o perfume era distinto.

Florentino ten confianza por fin no basket? Non sei pero deunos o pracer de disfrutar de Rudy uns meses, para a lesión de Nole foron raudos e veloces e trouxéronnos a Ibaka, e co fin do lockout case sen esperalo chegou Kyle Singler. Espertarían Herreros e J.C.  Sánchez.

Kyle un xogador que non é Rudy, pero é un 3 que tanto necesitaba o equipo, ven de facer uns moi bos meses en Alacante. Xogou na Universidade de Duke, da man de coach K, eso é moito decir no mundo do basket. Alí  foi compañeiro de Pocius e foi o MVP da Final Four universitaria de 2010 e 900.000 euros deixano  no Real Madrid, despois igual non rinde pero para min é un excelente fichaxe, do gusto dun servidor  cos ollos pechados.

Fun moi crítico ca chegada de Laso, entendía por enchufe equizais foi eso, pero non o está a facer mal, a veces tarda un pouco en pedir tempo morto, pero supo levar o grupo no momento que contaba cos NBA´s e darlle a cada un o seu rol.

Tamén era desconfiado co fichaxe de Jaycee Carroll, outro que me tapou a boca, o mormón é un pequeno Navarro, que cando entra en racha é imparable, nada que ver con Tucker.

Por eso quería resarcirme un pouco con estas letras , pero non esquenzan que na primeira tempada de Messina por estas datas, todo era de vicio, levaban un 10 a 0 en ACB, en Euroliga pasaban primeiros nun grupo co Panathinaikos ,todo moi parecido a  este ano, pero empezou a perder e perdío catro partidos seguidos en Decembro, Obra, Laboral, Estu e Barsa e todo empezou a desmoronarse. Ollo a lesión de Llull agravou todo por esas datas.

Rematando todo de caer na Copa ca tunda fronte o Barsa. Por eso hai que andar con ollo xa que esto marcano os títulos, pero eso sí eu aquel ano xa avisaba que cando nos atoparamos co Barsa iamos caer da burra que nin por asomo estábamos o seu nivel.

Ahora quizáis andamos máis preto , aproveitamos a forza que nos deron os NBA´s para que o equipo crecera e a ver si o aproveitamos. O Real Madrid sigue a ter carencias no xogo en estático e no posto de cinco pero é o que hai. Temos nosas opcións , as cales non vía por aquelas datas pero non mo creo moito, o equipo desperta moitas dúbidas nas grandes citas e a domicilio.

O contrario do fútbol o Real Madrid é o paladín do ataque e o Barsa da defensa. En basket hai unha frase que o di todo , un bo ataque gaña partidos , unha boa defensa campeonatos. Eu vou máis alá, creo que unha boa defensa fai un gran ataque.

Un dato si está a ser significativo, o Barsa leva unha media de 4.800 espectadores o Palau, o Real Madrid uns  9.100 o Palacio, o basket do Madrid gusta pero chegará para gañar títulos. Poderá co imparable Barsa, os meses  o dirán.

A ver si ahora que falei non comenza todo a ir mal.

Outros artículos :










No hay comentarios:

Publicar un comentario