viernes, 29 de abril de 2011

A entrevista : Iván Chans.

Esta semana como nos atopamos inmersos na eliminatoria de Copa da Costa entre Muxía e Porteño o elixido para a nosa entrevista é o xogador do Muxía e que empezou a tempada no Porteño, Iván Chans, ademáis é compoñente do corpo técnico do Fisober.




¿ Deportista que admira ?

-Juan Carlos Valerón.

¿ Peor e mellor momento que lle dou o deporte ?
-Mellor: Campión de liga xuvenil co Soneira.

-Peor: A tempada pasa co Fisober, tras non poder acadar o título de liga.

¿Una manía cando xoga ?
-Que eu sepa ninguna.

¿Seu número favorito ?

-6,13 ou 21.

¿ Como ou porque deixou o Porteño e chegou o Muxía?

-Pola pouca confianza que estes depositaron en min.Un exemplo é o momento no que a falla de dous días para comezar a liga, avisanme de que teño que desprazarme eu para facer a ficha se quería xogar,para finalmente non contar conmigo.

¿ Como ve a eliminatoria de Copa contra o Porteño despois do primeiro partido?

-Por ahora favorable a nós pero aínda queda o partido de volta. Pero contento polo rendemento do equipo posto que resultamos ser uns bos contrincantes e non se notou a diferencia de categoría.

¿ Como valora a tempada do Muxía e a súa en particular, quedarase para o ano?

-Bastante boa,ainda que penso que poidemos acadar unha mellor posición na táboa,senon contásemos co contratempo de falta de xogadores en algún dos partidos.

-Non debo ser eu quen valore a tempada que realicei, iso deixoo a xuízo dos demáis.

-Se fose polo bo trato e as boas relacións en xeral non o dubidaría, pero xa sabemos como é o fútbol.

¿Como valora a tempada do Deportivo, salvarase ?
-A tempada foi máis complicada do esperado, pero quero pensar que sí se salve e si xoga coma na casa non debería ter problemas.

 ¿Un partido que lembres  do Deportivo ?
- O famoso Centenariazo!!

 ¿Súa maior virtude e defecto ?
-Considerome alegre e paciente, e coma defecto que son tímido e  vergonzoso.

¿Un lugar para vivir?
- Carantoña, o pobo onde vivo,xa que é moi tranquilo.

 ¿Un lugar para perderse?
- Calquera lugar de Italia.

¿Película favorita?

- Siete Almas de Will Smith.

 ¿Actriz/ Actor favorito?
-O propio Will Smith

¿Grupo musical favorito?
-Quédome con Melendi.

 ¿Canción?

-11 de Marzo de La Oreja de Van Gogh.

 ¿Libro ?
-As novelas de Stephen King.

 ¿Refrán favorito ?
-Non é máis rico o que máis ten senon o que menos necesita.

 ¿Comida preferida?
-Lasaña.

 ¿Personaxe fora do deporte, que admira? 
-Miña nai,sen dubidalo. Por todo o que loitou no momento máis difícil da nosa vida.

¿Un soño por cumplir?

Conseguir algún ascenso, ou algún título.



No hay comentarios:

Publicar un comentario