miércoles, 7 de diciembre de 2011

O Fisober asistiu a presentación do U.C. Cee femenino.

O Fisober foi o invitado o primeiro partido do U.C. Cee femenino un encontro no que o resultado foi o de menos.




Foi un partido de fútbol 8 no que o Fisober levou unha pequena representación de tódolos seus equipos, habituais do equipo A, do equipo B, de categorías inferiores e incluso tivo a oportunidade de xogar e probar  uns trinta minutos María Maroñas.

Polo Fisober xogaron : Martina, Pauliña, Nuria, Noeliña, Patri, Noelia, María Maroñas, Loly, Natalia, Laura, Inés e Barca.


O partido foi unha auténtica festa, con moita presencia de siareiros nas gradas do San Paio de Refoxos e incluso contou  ca presencia da seleccionadora galega Pili Neira e adestradora do Victoria femenino.


O resultado que foi o de menos foi un 2 a 9 a favor do combinado do Fisober no que curiosamente as máis goleadoras foron as máis xóvenes, xa que as tres xogadoras máis xóvenes da convocatoria fixeron seis dos goles. Marcaron Inés en tres ocasións, Noeliña con dous goles e un gol para Pauliña, Barca, Patri e Noelia.



O máis bonito do partido foi a ilusión e os nervios co que afrontaron o partido as locais, e como celebraron os seus goles como si fora o que lles dera un gran título.

Moita sorte o novo proxecto !


Novas relacionadas :

Fisober queres xogar ?


Selección da Costa femenina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario