miércoles, 7 de diciembre de 2011

Muxía - Outes. 0-2.

MUXÍA : Ángel Luís, Raúl, Ramón ( minuto 65 Jose Antonio ), Currás, Jose Manuel, Javi, Ziro, Pataca ( minuto 10 Martinciño ), Julián, Arxires  e Albertiño.



OUTES : Gato, Martín, Debe( Martín minuto 90), Chúa, Arturo, David, Potro ( Lass minuto 60), Saúl, Deivi ( Pitu minuto 84), Pesco ( Kin minuto 46) e Fernando ( Fabio minuto 71).

Goles : 0-1 minuto 11 Deivi, 0-2 minuto 21 Deivi.

Expulsión : Minuto 84 Ángel Luís por doble cartón amarelo , ambas por protestar o árbitro.

O partido prácticamente rematou os vinte minutos co segundo gol dos visitantes , que lle están a coller o gusto a Arliña, despois de eliminar o Muxía na pasada edición da Copa da Costa.

Os once minutos unha xogada por banda dereita foi rematada a pracer por Deivi para poñer en vantaxe os visitantes.

Case de seguido tivo a súa mellor ocasión o Muxía, Arxires loitou un balón perdido no area e bateu co porteiro visitante Gato , falta en ataque? Penalti? o árbitro non pitou nada e o balón quedou morto para que Ramón o picara e un defensa do Outes o sacara baixo paus para evitar a igualada.


Os 21 minutos xogada case calcada a do primeiro gol e de novo Deivi non erraba e case sentenciaba o encontro.

O partido gañou en imprecisión e a tarde empezou a enfriar , o que facía falta para o pouco público presente na Arliña.

Sin moito máis  que reseñar transcurrió esta primeira metade solo unha boa ocasión para os visitantes.

Tralo tempo de lecer animouse un pouco máis a cousa, o Outes poñía a proba a Ángel Luís os 50 minutos.


Os 55 era Currás quen se atopaba co rebumbio no área típico de todas as semanas pero non conseguía reducir distancias. E solo un minuto despois foi Ziro quen non o logrou.

Esto espertou do letargo o Outes que respostou cunha nova ocasión.

Os 65 minutos o Muxía que solo tiña o porteiro suplente no banquillo moveu ficha, puxo a este na portería e adiantou a Ángel Luís da portería o interior esquerdo. Conseguíu o principio mandar un par de balóns bos pero despois perdeuse nas protestas que no minuto 84 o levarón a caseta antes de tempo.

Entre esas o Outes puxo a proba o novo porteiro Jose Antonio nun par de ocasións que respostou con seguridade.


Na xornada do martes o Muxía conseguía vencer na casa dun mermado Corcoesto por 1 a 2 con goles de Albertiño e Ángel Luís que unha vez máis durante o partido pasou da porteria a ser xogador de campo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario