FELIZ 2024.
Quizais por iso non creo nos imposibles.
Novas, comentarios, frases, rt, pero sobre todo vaciladas cos colegas sobre o Real Madrid , Madridismo en Galego , pero noutra "Era" tamén Luigi no deporte e na Costa.... Muxía, Fisober ..........
Última hora, xiro no Negreira Gate, descúbrese que o Madrid leva pagando ós árbitros perante 20 anos.
Dende pequeno escoitamos que o Madrid tan solo tiña Copas de Europa que eran xarróns pas frores, que se acudía por invitación e o famoso branco e negro. Claro estes mitos quedan na cachola da xente, así que hoxe tiramos de futbolgate que fixo un artigazo sobre o tema, páxina a seguir xentiña, para desmontar este mito. Hoxe aproveitando o tirón da saída onte da senteza da Super League sacamos este artigo que leva tempo no forno esperando o día adecuado, pois ese día chegou co Gordo.
Pois hoxe de novo está de actualidade a Superliga, que vai crear moita controversia nos próximos días, viralle ben a prensa en semanas sen fútbol ter de que leirar. A sentenza non avala a Superliga, di que é posible, algo moi diferente.
Despois do último partido do Real Madrid, non todo son luces de Nadal no equipo, a lesión de Alaba e que o Girona non afrouxa, poñen o contrapunto a este final de ano tan bo dos do Carlo. Aquí como sempre somos dos que apuntan todo pois alá vamos cuns apuntiños para esta fría mañá.
" Que o paso dos anos conserve en ti a sensatez, xenerosidade e bondade que che caracterizan. "
" Cando se traballa no fútbol feminino, hai que traballar cousas distintas.
Hoxe remata a primeira fase de Champions para o Madrid cun partido intranscendente no clasificatorio para os brancos.
Hoxe vamos a desbafar un pouco de que equipo pensamos que son os periodistas, basándonos no que atopamos polas redes. Aquí sempre fomos da teoría de que ser anti vende, si supoñemos por exemplo que o 25% do país é do Madrid e o 75% anti, o potencial de clientes é moi grande e xa sabemos o que convén. Aquí coma sempre deixamos un breve resumo, pero para maior investigación deberíades pasar polas diferentes contas e webs.
" A xente esquencerá o que fixeches, incluso esquencerá o que dixeches, pero nunca esquencerá como o fixeches. "
Como prometíamos fai uns días vamos facer unha especie daquel mítico Informe Pirri, pero cos xogadores do pasado e o que recordamos deles.
Mañán temos "clásico feminino", pero dende o mércores a polémica está co penal sobre Athenea e o VAR.
" Sem a bola, como já disse muitas vezes, é concentraçao, sacrifício, jogo coletivo. Com a bola, depende da criatividade do jogador. " Carlo Ancelotti.
" Se non se acorda desa, non sei de cal se vai acordar. Dirao porque é do Barça e terá envexa."
" Piqué quere ir máis aló e pide que nos esquenzamos da Catorce. Tenteino. Fun a ver o Madrid con tan solo trece Champions, tentando liberarme da culpa que me producía a Catorce. Pero viñeron a miña memoria aquelas paradas de Courtois ( Liverpool), aquel pase de Modric ( Chelsea), aquel triplete de Benzema (PSG), aquel desconto fronte ó City....cando a lóxica xa pareceu definitivamente pervertida. E sobre todo lembrei cando 80.000 espectadores deixaron de ser persoas para convertirse en siareiros electrizados....... "
Como xa presupoñíamos onte Güler non xogou porque está lesionado, co cagón e quedaben que é o Carlo raro foi que non lle dera cinco minutiños como estaba o partido. As teorías de que era para que non fora con Turquía, soaban mal. A pregunta é que facía lesionado no banco?
Despois de sete xornadas de liga tanto para o feminino coma para o masculino vamos a facer un pequeno análise estatístico destes primeiros partidos, basándonos nas actas federativas principalmente.
Chegan os trebóns e como temos tempo vamos a darlle un pouco cas carencias do Real Madrid, co Clásico xa as portas, non son conclusións do partido de Braga, algunha é incluso de antes de comezar a tempada.
Hoxe vamos iniciar unha nova sección no blog, a ver canto nos dura. Vai ser a de ir desmontado mitos, actuais e pasados por parte dos seguidores culés e antimadridistas, para elo vamos a aproveitarnos de fíos, ou traballos de madridistas nas redes. Tócalle as mentiras sobre o xuiz.
Pois Laporta acuñou unha nova palabra, madridismo sociolóxico. Vamos a ver que opinan as redes e o que dixo Laporta no día de hoxe e en agosto:
" Did my move to Real Madrid improve me? 100%. When you are around those mentalities and quality of players every day, it takes you to new level mentally, physically and technically.
" A mellor noticia non é sempre a que se da primeiro, senón que moitas veces a que se da mellor."
" Non sintas pena polos mortos senón dos vivos e sobre todo de aqueles que viven sen amor."
" Emocionome porque é miña casa. Vivín alí sete anos. O Madrid deume a vida e estou moi emocionado por estar de volta." Luka Doncic
" O ignorante non é o que non sabe, senón o que sen ter nin idea, cre que sabe máis cos demais."
" O antimadridismo é unha enfermedade, non lle busquedes máis explicacións a certos comportamentos. Xente totalmente coherente e sensata en calquer ámbito da vida vólvese un demo cando aparece o Madrid."
" O uso da palabra adulterar non é casual. Buscase súa banalización, co día que apareza escrita no dictamen dun xuiz se vexa coma algo normal e asumible."
Hoxe Face recordoume algo que escribín alí fai dez anos, sobre unha nova que aconteceu un ano antes e cousas da vida apetéceme que quede gardado no blog para sempre.
" Un medio de comunicación que necesita de capital externo para saír adiante non pode ser libre, nin independente. E iso é o que vemos tódolos días."
" Económicamente non é fácil afrontar un fichaxe desas características nestes momentos.
No día de hoxe desputarase o I Trofeo Arliña tanto feminino coma masculino, así que vamos a contar o que as redes do club xa confirmaron ata o momento.
" Na vez de celebrar a consecución dun sono feito realidade, as campioas do Mundo teñen que pelexar polo respeto máis elemental."
" Os amigos están para decirche incluso o que non che gusta escoitar. É preferible iso ós que che enchen a loas e todo ben. E se che din que pares a pensar e te tranquilices, faino, porque seguramente detectaran algo que ti non eres capaz de ver.
O maior éxito do fútbol feminino español quedou marcado por un bico, como todo parece indicar non consentido, dun xefe a unha subordinada, o demais son contos. Pasamos da ledicia a tristeza en segundos.
" E sen sabelo tiña a miña Estrela antes de que comezase o partido. Sei que me deches forza para acadar algo único. Sei que estiveches véndome esta noite i estas orgulloso de min. Descansa en paz papá.
Nunha semana veuse abaixo toda a ilusión de moitos madridistas, ca lesión de Tibú, Mili e as novas sobre o sapoconcho. Todo isto unido a lesión de ollomol II.
A caída a Terceira da Costa do Xallas e do Soneira, ven a confirmar o que levamos dicindo tanto tempo, a importancia de crear vínculos entre o club, os xogadores e o pobo, porque despois pasa o que pasa. Saír vivos desas situacións fai crecer ó club, independentemente da categoría na que xogues. Dous equipos con amplo historial en Preferente e incluso o Xallas ( Sta Comba) en Terceira.
" As a Kid, I didn´t dream of a Manchester or Real jersey, but a Zvezda jersey, a captain´s armband & a gola against Partizan in the derby. And I achieved all that. I lived my dream at the Marakana.
Pois vamos a deixar unhas cousiñas sobre a pretempada, sen orde, nin control coma moitas cousas no equipo e a tolo como é un por estas letras.
Ouh pedras de Santiago
continuade termando
en fráxil equilibrio
dun horizonte sempre a piques de debruzarse
"Non é moi normal que nos parezca ben cun político poda gañar votos dicindo que se aleda de que non se sancione un caso de corrupción deportiva, cando o normal sería perdelos.
Pois no día de hoxe vamos a recompilar as novas breves que temos sobre o Muxía nestas últimas semanas.
" My idea is to always keep improving, no matter the age because I want to keep winning more trophies.
Parece que o mercado do basket se está a voltar tolo e aquí vamos darlle uns pandullasos, sen sentido ou con sentido. A xente está doente co que se escoita é hai que darlle unha volta o tema, pero aquí polo menos vamos mollarnos antes de que chegue o temporal.
" Un talento unico e un grandisimo interista. Il numero 10 della grande Inter che portó i nostri colori sul tetto d´Italia, d´Europa, del Mondo.
O populismo é un conxunto de ideas políticas que apelan as grandes masas sociais, caracterizadas por ser de difícil aplicación. Adoitan ser medidas irreais que buscan persuadir ó pobo.
Hoxe presentou o Real Madrid a Arda Güler, vamos cunhas frasiñas. Despois de Ollomol I, chega Ollomol II a ver si se parece no xogo tamén. Un 7 de xullo sempre será especial, a ver si ven protexido.
Pois coma tódolos veráns salta a nova e voltamos a falar do sapoconcho e da súa posible chegada ó Real Madrid.
A confianza è iso que se gaña con poucas palabras e moitos feitos.
Quén da nosa Era, non coñece esta sintonía nocturna, naqueles tempos nas que confíabamos na radio e nos periodistas, por certo supóñese que era unha crítica ó fichaxe de "Johan" polo equipo de alí arriba, como mudou todo:
Himno oficioso da sele italiana: Azzurro de Adriano Celentano. Coa miña palabra preferida en italiano: "Pomeriggio".
Antes de nada dícir que en España hai un grave problema de educación e racismo, despois do visto en Madrid con Gavi, De la Fuente e Nnaji, deso poderíamos falar cando teñamos tempo.
A ver que nos contan os stars despois do de onte:
Quen o coñece di que é un cacho de pan, que merece todo o bo que lle pase na vida. O noso amigo de Silleda chega cando menos un ano tarde, pero hai quen dixo que debeu ser o Nacho da dianteira, palabras maiores esas, aquí xa falamos de ambos aló polo 2011.
“Of course all my friends of England national team wanted me to be back to the Premier League, it was the easier option for me in comfort zone……
Comeza unha nova etapa no Muxía, despois do anunciado adeus de Diego Lobelos e Óscar Leis ao mando do banco muxián temos novos patróns.
Sen querelo a directiva, nin esperalo os siareiros atopámonos cunha revolución no Madrid. De momento saen Karim, Asensio, Mariano, Hazard... e parece que entran Belli, Fran García, Brahim. Vexo imposible a Kane aínda que me encanta e Kai non é nove, pero a un prezo razoable aínda o traía. Que non me vendan que esperan outro ano polo sapoconcho ou o cyborg que non van vir nunca, hai que traer atacantes Top, non queda outra. A ver que nos contan na rede antes de que digamos algo por aquí:
O Muxía ven de pasar rolda de Copa da Costa despois de igualar a un no partido fronte ó Soneira con gol de Mauro, os visitantes igualaban no desconto e gañar nos penaltis por cinco a catro, marcaron Michael, Eloy, Anxo, Fran e Maikel. Pero comeuse 120 minutos e as importantes lesións de Adrián e Manu.
Para a semana toca, Bertamiráns en fase de ascenso e Xallas en Copa ( supoñemos que no exilio novamente). Pero dende o club informan:
Eu ben vin estar o moucho
enriba daquel penedo
¡ Non che teño medo, moucho,
moucho, non che teño medo!
Pois cando menos críamos que podía pasar vai o Chus Ma Team e levanta a Undécima Copa de Europa de Basket, unha Euroliga para sumarse as catorce en fútbol e facer 25 entre os dous grandes deportes de equipo.
Estoupou definitivamente o tema Vini, e claro como xa deu o volta ó mundo agora a xente rásgase as vestiduras e recolle cable. Nos somos os culpables, non sabemos comportarnos como sociedade e solo vemos cos nosos cores. Como me di sempre unha persoa que me quere moito, si como sociedade sinaláramos sempre o que se salta os pasos de peóns, os que tiran cousas o chan, non recollen os excrementos do can, a primeira rebótanse pero se sempre llo din igual se lles cae a cara de vergoña, pois aquí o mesmo. Xustificamos o noso e criticamos os outros.
Pois xa temos rival e camiño para o Muxía na busca do ascenso a Primeira Galicia. Iniciamos o noso Gran Camiño o domingo as 17 horas fronte ao Cacheiras. Vamos encher a Arliña o domingo, bo lugar para pasar o día das municipais.
Despois da debacle de onte, tocan os tuister star, pensan moitos coma un servidor, de momento os stars quizais nuns días, o que escribe, pero curioso porque tamén tiven a sensación do día do Milán e tamén do da Juve e Nedved pasando coma un avión sen Makelele:
Pois chega a Semana Fantástica do Real Madrid como club, un todo ou nada que coincide curiosamente cas Letras Galegas e cas Festas da Ascensión en Santiago, que tan bos recordos. Ata catro equipos de diferentes seccións xogan partidos do Mata-Mata coma din os lusófonos.
Onte o traballo deixounos a oportunidade de pasar pola Arliña, podendo disfrutar do amigable vs o UC Cee con triunfo para os locais por catro a un.