Hoxe vamos a desbafar un pouco de que equipo pensamos que son os periodistas, basándonos no que atopamos polas redes. Aquí sempre fomos da teoría de que ser anti vende, si supoñemos por exemplo que o 25% do país é do Madrid e o 75% anti, o potencial de clientes é moi grande e xa sabemos o que convén. Aquí coma sempre deixamos un breve resumo, pero para maior investigación deberíades pasar polas diferentes contas e webs.
Por exemplo o mítico Carlos Martínez, a xente anda entre que é do Atlético ou do Barça, queda claro que madridista non é. Por certo dende 2022 quen o paga é a Liga.
A mesma Liga que segundo RicharMurdock asegurou 250M euros pola realización do campionato a Mediapro de Tatxo Benet, conselleiro de Bridgeburg Invest, compañía a traverso da cal o Barça desenrola seus activos dixitais. Polo tanto segundo o mesmo Murdock dende a Av. Diagonal 177 de Barcelona, tense o control absoluto da realización, edición, locución, opinión e a práctica totalidade das grandes cabeceiras deportivas e xeralistas comendo da man da liga tamén, apunta Murdock.
Tamén nos conta que Marca tivo uns ingresos por publicidade online de 3,5 ME e As de 2,4, o 90% do total e iso ven da liga que gastou 27 kilos nese tipo de publicidade para "influir" nos medios, sabemos con quen está enemistado o presi da liga verdade.
Cóntanos por exemplo que en diferentes programas un día o azar:
La Tribu: Antonio Sanz e Javier Amaro ( atleti e antis), Emilio Pérez de Rozas ( culé e anti), Jorge Liaño ( Sevilla e anti) , Jose Luis Sánchez e José Félix Díaz ( madridistas).
Golazo: Gonzalo Miró e Pulido ( atleti e antis), Víctor Lozano ( culé e anti).
Partidazo: Joseba Larrañaga ( erreala e anti), David Sánche e Dani Senabre ( culés e antis), Luis García ( celtiña e anti), Roberto Palomar ( falso madridista).
Segundo Benito, estes son os que manexan os medios de comunicación na súa parte deportiva:
Mediapró: Roures, Botróns. Ambos culés.
Goal.com: R. Uría ( atletico e anti), Bertelloti ( culé).
As: V. Jiménez ( Barcelona).
Movistar+ : Enric ( culé).
Don Balón: Rengel ( culé).
R. Panenka: A. Lagunas ( culé).
Sphera Sport: B. Pardo ( culé).
DAZN: Gorka G. e Q. Domenech ( culés).
TVE: P. del Río, Carles G. e A. Cañada ( antis ou culés).
Agora vamos ca opinión de Hechi9248:
Afirma que Goal.com desenrolado por Mediapro en España, dos culés Roures e Brotóns é dirixido por Uría e Bertelloti, a mesma afirmación ca Benito.
Dinos que As é dirixido polo catalán V. Jiménez e un dos seus subdirectores é S. Giménez tamén de Barcelona. Os dous culés/colchoneiros segundo Hechi.
De Marca dinos que o propietario é o presidente do Torino, rotundamente oposto a Superliga e a Florentino, máis se cabe dende que retirou as promocións de dito diario no 2013. O actual director de Marca J.I. Gallardo contanos Hechi que é habitual de comidas con Gil Marín ou Xavi.
Igual ca Benito tamén contanos que Pardo, Rengel ou Lagunas teñen os seus medios con sede en Barcelona e son culés.
Fálanos agora de DAZN. O seu responsable de fútbol é Gorka García ( culé). O de programación é Quim Domenech ( culé), e no tema de marketing un ex directivo do Barça.
Tempo para Gol Play, canal en aberto de Mediapro ( Roures), socio do Barça e avalista do Joker.
Mediapro cóntanos encárgase da realización e producción da Liga. Polo tanto, a maioría dos comentaristas/ tertulianos de Movistar+ son empregados de Mediapro.
Xeira para Movistar+, quén xunto con DAZN ten os dereitos da liga e da shempions. O responsable de contido e deporte dinos que é Enric Rojas, ex socio de Chuflas e culé ata a médula como el mesmo se define.
Segundo futbolgate, temos a Óscar Lago o culé que manexa as imaxes do VAR, é o realizador de Mediapro que selecciona as imaxes que visualizan os árbitros na sala VOR. Lago dixo a Cope no seu día que " nos foras de xogo témolo complicado. O problema non é elexir un frame ou outro o problema está en que analizar nun fora de xogo de 5 cm. é moi complicado." " Temos auténticos expertos, xente que o fai cada partido e sabe como facelo."
Para rematar vamos utilizar un fío de Nilcoleman:
Comenza por El Partidazo de Cope.
Por exemplo dinos que Siro López, Roberto Morales e Paco González son madridistas.
Como antimadridistas a Joseba Larrañaga, Juanma Castaño, David Sánchez, Dani Senabre, Isaac Fouto, Gonzalo Miró pero destaca a Manolo Lama xa que é o que narra os partidos do Madrid pero é atlético e incluso un fillo pertence o Atleti. Ademais ten unha guerra aberta con Flo fai anos.
Abre tamén un apartado para os falsos madridistas Nil, nos que pon a Palomar, Elías Israel e Santi Cañizares.
No suposto neutral identifica a Guillermo Uzquiano e Fernando Evangelio.
Nil fai un fío completo, que podedes ver na súa conta.
Richard Dees fálanos doutro capo anti como é Jorge Liaño, que leva os deportes de Mediaset ( T5 e Cuatro), capo de El Desmarque e tertuliano en diferentes sitios.
Cabaislois dinos que a evanxelización comezou con Prisa dende tódolos seus medios dicindo que o único fútbol válido era o de Johan.
Tamén hai un super fío de litrosdealcohol titulado Mal o Madrid o que incluso Jabois adicoulle un artigo.
Os datos son subxectivos,son opinión pero non deixan de ser interesantes para que divaguedes e sigades ca investigación e vaiades completando co tempo o artigo.
Quen domina a linguaxe domina as mentes.
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario