A actualidade manda e hoxe para o noso desmontando mitos vamos con Gil Manzano.
De 35 Clásicos poibles, Gil Manzano, árbitro Elite UEFA dende 2016 e actual colexiado español con máis experiencia internacional, foi designado para a dous Clásicos o sábado será o terceiro. Árbitro moi valorado como indican os seus datos e que estivo nominado ó mellor do ano en 2022. A priori é o mellor do país, pode ter un mal día como temos todos. De feito pitoulle 3 penals ó Madrid en Valencia se non recordo mal, expulsou a Bale e Case creo, tamén é o único que expulsou a Messi por agresión, a Suárez e tamén a Lewan por dobre amarela, que o xestiño foi despois, por se non recordan os que inventan mitos.
Nunca foi árbitro de VAR nun Clásico. Pero os datos do que vai estar no VAR son perigosos para o Madrid.
Resulta que este ano foi o árbitro no Gamper, din que por invitación do Barça.
Como di RicharMurdock: " A elección de Gil Manzano prodúcese a modo de control de danos pola que está a caer. E a reacción a que o mellor sexa designado é a mostra de ata que punto se asimilou o veneno que o FCB inoculou o fútbol....."
Vamos cuns datiños de mr monk (soccermemoriess) :
Gil Manzano con 21 partidos en Champions, pitou 2 Clásicos e 1 Derby en 12 tempadas.
Sánchez Martínez con 4 partidos en Champions, todos en fase de grupos, leva 6 Clásicos e 1 Derby en 9 tempadas.
Hérnandez Hernández con 2 partidos en Champions, os dous en fase de grupos, leva 4 Clásicos e 1 Derby en 10 tempadas.
Do resto dos que hai en activo e que pitaron Clásicos, ningún pitou en Champions.
Martínez Munuera e De Burgos Bengoetxea levan 3 Clásicos e 1 Derby, en 11 e 9 tempadas respectivamente.
Munuera Montero leva 2 Clásicos e 1 Derby en 8 tempadas.
Por exemplo Mateu con 41 partidos en Champions, incluida a final do 21, 3 semis, 3 cuartos, 6 octavos, tan solo 5 Clásicos.
Hoxe si sacan como fai Maketo os datos de tanto por cen de triunfos de un e outro, por certo o Madrid con Gil Manzano ten moi boas estatísticas, será porque o mellor arbitra como o que é. Un 81% de triunfos o Barça o 52%, algo anómalo para os culés obvio.
Para dato o de Clos segundo nos conta Maketo, 81% de trunfos culés con el, máis ca con Messi que era o 71%, tremendo o da sala B.
Tamén nos falan da foto cun neno ca camisola do Madrid, o que obvian é que tamén ten unha cun neno do Barça que eliminan.
Maís cousiñas no tuister de monk, que xa fusilamos bastante.
P.d. : Estradas Fernández dixo que como expulsou a Cristiano no primeiro partido o Madrid xa o vetaron. Por iso tan solo pitou o Madrid 21 veces máis durante a súa carreira, outro mito aparcao.
Pasade polos lugares de sempre, futbolgate, maketo.... Neles está a verdade.
Meu arbitro de cabeceira, que dirá? Quen é o seu preferido?
Outros:
No hay comentarios:
Publicar un comentario