jueves, 2 de noviembre de 2023

Complexo sen cura by Valdano.

 Compartimos algo de Valdano no País:



" Madridismo sociolóxico dixo Laporta e excitou o mundo do fútbol, que será algo cutre, pero ten corazón e sensibilizase con estas cousas.......... O do madridismo sociolóxico foi unha ocurrencia brilante, pero sen máis pretensión ca de tirar tinta de calamar  sobre o insistente caso Negreira..... Secuelas dun deplorable desliz moral que pasou desapercibido a catro presidentes, o que nos autoriza a falar, para non ofender de "barcelonismo distraido".

A socioloxía é unha ciencia que estuda o comportamento da sociedade. Joan, ese home que se move con optimismo no medio das tormentas que atravesa ó Barça no último ciclo electoral presentouse en sociedade, entre provocador e xoguetón, con aquela pancarta......Chegou, veu e de momento triunfou solo un pouco..............E como bo político necesita darlle a oposición que, dende moito antes daquela pancarta que a representa o Real Madrid. Club centralista e poderoso que carece de forza espiritual que solo pensa ( que horror) en gañar. Postos a facer oposición, ó Madrid acusaselle de ser beneficiado polos árbitros, cousa extrana porque, segundo sabemos, o que paga é o Barça.

De forma que o madridismo sociolóxico segue a dar voltas. Coherente con estes tempos, a frase fixo fortuna sen saber ben o que significa. Para agregar complexidade, a interpretación varía, ( pode ser unha cousa ou a contraria) segundo a camisola que teñamos posta. Un barcelonista seguramente verá implícita na frase o abuso de poder que sofren e do que algúns medios ( central leiteira para respetar o relato culé) son complices. Un madridista inxenuo seguramente o interpretará coma un recoñecemento a forza popular e universal do club. Pero coma a cousa non parece ir de eloxios , quizais teñamos que apelar o madridismo sicolóxico para poñer luz ó asunto. E o certo é que a voz do siareiro, non sempre errada dende sempre diagnosticou estos ataques de madridite, termo que define complexos co tempo non remata de curar..... ".


Outras:

Villarato engrasado by Relaño.

Madridismo sociolóxico by Luigi.

Valdano e gloria.

Valdano e paixón.

Valdano no caso Figo.

Mou e Valdano.


No hay comentarios:

Publicar un comentario