viernes, 24 de noviembre de 2023

Informe Luigi: Raghadores do pasado. Tempada 84/85.

 Como prometíamos fai uns días vamos facer unha especie daquel mítico Informe Pirri, pero cos xogadores do pasado e o que recordamos deles.



Vamos iniciar ca Tempada 84/85 que é a primeira que un servidor ten uns certos recordos, aínda que xa nos anos anteriores escoitabamos pola radio os partidos e temos recordos das ligas que se levaron os conxuntos vascos, primeiro a Real e despois o Bilbo. De feito esa liga foi a que gañou o Barça de Terry Venables. Tamén por revistas coma Don Balón pola casa ou periódicos. Tamén polos míticos dínamico creo que se chamaban que resumían a tempada. Tempos de Estudio Estadio para ver os resumos, partidos escoitando a radio, un partido como moito televisado de vez en cando e os partidos europeos con son de ultratumba, vaia tempos.

Iniciamos esa tempada porque foi a da primeira Copa da Uefa e vivo con ese recordo, ademais como a final fora contra o Videoton húngaro, ese nome non se esquence.

Utilizamos como axudo a web bdfutbol.com para recordar correctamente os xogadores, titulares e demais. Desta vez poñeremos todos os xogadores, pero en tempadas sucesivas tan solo os fichaxes.

O equipo foi adestrado por Amancio ( o que lle puxo pelotas e subía a Quinta )ata a xornada 33 de liga e penúltima e por Molowny ( home da casa o Del Bosque daquela época para cando había un apuro no club) a última de liga, a final da Uefa e as eliminatorias da Copa da Liga.

Ese equipo finalmente gañou a Copa da Uefa e a Copa da Liga.

O once tipo segundo a web sería:

Miguel Ángel, Chendo, Camacho, San José, Sanchís, Stielike, Gallego, Míchel, Valdano, Butragueño, Santillana.

Tamén estiveron no plantel: Ochotorena, Fraile, Salguero, Pineda, Lozano, Agustín, Juanito, Martín Vázquez, Ángel, Isidro, Juan José, Bonet.

Foi a tempada da folga nunha xornada de liga, polo que tiveron que xogar moitos rapaces un día. Trece en concreto con quince convocados, dos que destacamos a Losada, Salmeron ou Hurtado.

Vamos cos raghadores, o que queda na miña mente, non ten porque asemexarse a realidade:

Miguel Ángel: Xa ía vello, porteiro "gatunil" daquelas épocas, co bigote para asustar.

Chendo: Quen daqueles tempos non recorda a Miguel Porlán . O seu marcaxe a Maradona e a "xeonlleira" branca sempre presentes. Actual delegado do equipo. Cantos contos de vestiario saberá.

Camacho: Todos o recordades pola espantada a Flo no banco e polo seu sudor e o seu guiñol, pero antes foi lateral bravú, ou pasa o balón ou o home pero ambos non.

Sanchis: Calidade de central, saída de balón e incluso terminou xogando de mediocentro defensivo. Foi o único da Quinta que levantou a Copa de Europa. Un crack. Habitual de caer co iate por Muxía de vez en cando.

San José: Pouco lle recordo, tan solo que daba estoupa da boa.

Míchel: José Miguel González Martín del Campo, nome de estrela. Antes do soa Míchel foi un estilista da banda dereita, vaia centros pegaba. Compoñente da mítica Quinta. Os seus máis grandes recordos son o día que marchou do campo e o "me lo merezco" no Mundial de Italia ca sele. Seguro que vos ven a mente un 8 con este nome.

Stielike: Uli, alemán con bigote, calidade e traballo para o medio do campo, xa o collín de vello tamén.

Gallego: Ricardo, outro que sudaba calidade polos seus poros, como xogaba. Un dos grandes esquencidos. Foise para Udine. O dez e o pelo rizo presentes. Chamábanlle o soso, por algo sería.

Valdano: Jorge Alberto Valdano, antes de ser portavoz e tertuliano foi goleador chegado do Zaragoza se non recordo mal. Unha hepatite rematou a súa carreira no Bernabéu.

Butragueño: Emilio Butragueño Santos. Un dos ídolos de xuventude. Deu nome a mítica Quinta. Como xogaba aquel equipo e como xobaba o Buitre, parecía sinxelo pero facía golazos. Surtidor de Hugo. O sete sempre presente e a bondade. O fichaxe que sempre desexou o Johan para o Barça. A súa mítica tarde- madrugada en España de Querétaro. Foise sen a Copa de Europa. Agora coma portavoz non emociona.

Santillana: Carlos Alonso. Que dianteiro, remataba unha lavadora se facía falla. Nunca vin outro tío ir tan ben de cabeza no Madrid. 

Os suplentes:

Ochotorena: Porteiro que fixo carreira fora do Madrid, pero poucos recordos deixou de branco.

Agustín: Porteiro alto pero que non daba moita seguridade. Outro que fixo carreira lonxe do Bernabéu.

Fraile: Sen calificar, apenas o recordo.

Salguero: Defensa dos que cortaba piñeiros, pouco máis recordo.

Pineda: Calidade, pero pouco máis recordo del no Madrid.

Lozano: Se non recordo mal viña de Bélxica coma estrela pero non dou o nivel aquí.

Juanito: Juan Gómez, mito do Madrid e dos Ultras Sur. Madridismo, raza, gol, non exento de calidade. 90 minuti en el Bernabéu son molto longui. Pero o seu carácter fixo finalizar a súa carreira en Madrid antes de tempo. Un "chuspiaso" a Uli na Uefa cando o alemán xogaba en Suiza e sobre todo cando lle pisou a cachola a Mathaus mandárono de volta a Málaga. Falecía en accidente de tráfico xusto despois de ir ver un partido do Madrid en Uefa, cando voltaba a Mérida onde adestraba.

Martín Vázquez: Rafael Martín Vázquez. Outro que ía sobrado de calidade, o ir Míchel pola dereita el normalment caía a esquerda. Membro da Quinta, foise ó Torino, despois voltou pero xa non foi o mesmo. A súa volta trouxo bigote tamén.

Ángel: Sen calificar, pouco o recordo.

Isidro: Tal cal.

Bonet: Recordo máis en Mallorca que no Madrid.

Juan  José: O fillo de Sandokan, mítico en Cádiz pero no Madrid, as súas pintas e pouco máis. 

Agora que xa rompemos o xeo, iremos tempada a tempada, pero tan solo definindo as altas e quizais dando máis datos sobre a tempada. Se queredes saber goles, minutos.... pasade por BD moi interesante a web. 

Se nos collen aqueles anos agora, vaia risas.

O Irreal Madrid.




No hay comentarios:

Publicar un comentario