sábado, 11 de noviembre de 2023

Asamblea.

 Vamos a ver que dixo como máis salientable  Florentino  na Asamblea do Real Madrid:



" Hai que rexenerar dunha vez por todas o estamento arbitral do noso país. É máis urxente que nunca polo ben do noso fútbol.

Ninguén sabe moi ben quenes trazan as liñas do VAR e como as trazan. Ninguén entende porque non vemos a imaxe completa, nin o momento exacto do pase do xogador. É unha constancia en tódolos partidos e é o que está xerando máis dúbidas sobre o arbitraxe español.

Confío en que o Goberno de España adopte medidas necesarias para rexenerar dunha vez por todas a estructura do estamento arbitral.

Debemos ser respetuosos cos tempos da xustiza. Non é normal que un club de fútbol pagara 8 kilos ó Vicepresidente dos árbitros durante 20 anos. Fumos admitidos coma parte perxudicada. É un caso de enorme gravidade e está danando a imaxe do fútbol español. Non é adecuado intentar xustificar algo tan grave a través de atacar ós perxudicados.

Agora a Liga e as súas últimas actuacións ante o Madrid. Son de tal gravidade que buscan atentar contra o patrimonio persoal do club. Somos 100.000 socios e os sufrimos. Buscaron quitarnos durante medio século o 11% dos nosos dereitos audiovisuais, sen que nos enterásemos. Démonos conta pola prensa e porque xente honrada nos informou. 

A Liga contactou cun lobby para expropiar o patrimoni do club e darllo a Liga. Logo mudar a ley do deporte para inhabilitar presidentes, e non fai falla ser moi listo para saber a quen. A Audiencia Nacional xa declarou ilegais estas sancións. 

A Liga non debería ocultar o que paga a cada club, por exemplo amigables, publicidades..... Todo o fai sen transparencia. 

Cada vez a Liga gasta máis, como o soldo do presidente que remata de subirse outra vez.

A Superliga sufreu campañas constantes de desinformación e manipulación. Sería unha competición perfectamente compatible cas competicións nacionais e seus calendarios. O obxectivo é fortalecer as competicións europeas, por suposto sen que ninguén quede excluido. 

O fútbol non é propiedade do presidente da UEFA, do presidente da Liga. O fútbol é de todos. Non é monopolio de ninguén.

A UEFA xestiona o fútbol sen transparencia e sen innovar. Sen saber coma facer frente a deportes en cosnstante crecemento coma o americano e os dixitais, que atraen máis público xoven. Kodak foi líder en fotografía pero foi a bancarrota por non saber modernizarse. Eriksson e Nokia perderon o seu liderazgo por non saber adaptarse.  O fútbol non é diferente a iso, se non avanzas supéranche. Os clubs de fútbol pasamos de ser líderes en Forbes a ser superados polos nortamericanos. Algo deben estar facendo ben eles e moi mal en Europa. Para o Madrid sería máis fácil se non liderásemos o proxecto da Superliga que tanto incomoda a UEFA. Pero temos a obligación, hai que modernizar a competición.

Non ten senso cobrar máis de 100 euros ó mes polo fútbol cando o salario mínimo en España é de 1000.

Transformar a vítima como é Vinicius en culpable é unha gran vergoña. 

As tempadas pasadas estiveron marcadas pola pandemia. Grazas a unhas medidas estrictas que incluiu unha reducción voluntaria de salarios pudemos rematar con superavit. Os acordos con Legends e Sixth Street céntranse en potenciar os negocios do Estadio.

O Novo Bernabéu será un referente vanguardista e un dos centros de ocio referentes do continente. É unha das obras máis complexas que se están a producir en Europa. Un estadio aberto e operativo os 365 días do ano. O sístema automatizado do céspede é un fito admirado en todo o mundo.....  O de gardar o céspede é un invento meu. Patentámolo porque a ninguén se lle ocurrira antes. .....Temos autorizado 80.000 espectadores. Non habería mellor lugar para celebrar a final do Mundial 2030.

Vou a traballar nos próximos meses para idear unha estructura que protexa e blinde o patrimonio económico do Madrid. Que defenda o Madrid de amagos de expropiación. Vamos a diseñar mecanismos para que este club sexa dos socios de verdade, non solo dende os puntos de vista románticos. Para aguantar ante maniobras hostís.

O do nome na cidade deportiva é unha gran honra, pero quero facelo con discrección, aínda non estou preparado para ver o meu nome alí.

O correcto sería madridismo sociolóxico universal porque existe. Este club é o único no mundo con máis de 500 millóns en redes sociais. Unha xigantesca lexión de siareiros en todo o planeta. Si, iso é o madridismo sociolóxico universal. .... Claro que existe é froito dos nosos valores inquebrantables. A base de traballo, esforzo e espírito xa son 14 Copas de Europa. Este é o madridismo sociolóxico universal, un fenómeno digno de estudo e moi difícl de igualar. Isto é o Real Madrid o mellor club da historia. "

Unhas anotacións económicas by elmozo7:

31 kilos por baixa de xogadores ( rescisión de Hazard) e deterioro de valor de xogadores.

33,5 kilos pago primeira cuota do Estadio. Dos cales 29,5 polo pago do préstamo de 575 kilos, 4 kilos por intereses do préstamo de 225 kilos. Amortización 15 kilos, intereses 18 kilos.

Sobre os 70 kilos presupuestados en plusvalías de xogadores, non están conseguidas pero que contan cubrilas con outras liñas de negocio.

Primeira tempada dobre de ingresos vía Estadio que pago de cuotas.

Na exposición de motivos do novo préstamo de 370 kilos, mención a novas actuacións, sobrecustos e novas inversións. Ningunha referecencia a amortizar créditos ICO. Sería a 30 anos a tipo de interese de mercado.

Vía richarmurdock:

A Liga dende 2016 perdeu 1,1 millóns de abonados das tv de pago, o 32 % . De 3,4 millóns a 2,3.


Unha última conclusión dun servidor, ten razón Flo no de pagar menos por ver o fútbol na Tv, por exemplo eu pagaría por un pase da Liga estilo Nba solo para o Madrid de fútbol e de basket. Si levara Europa en ambos, xenial, a un prezo razoable. Pero tamén ten que mirar canto costa mercar unha entrada para ir ver o fútbol aquí, por exemplo no Bernabéu e nos outros paises, como por exemplo en Alemaña. Do económico e das contas a ver se nos próximos días atopamos algo e resumimos no blog. No demais falou xenial, grandes frases de Flo. Supoño que recibirá respostas a full nos próximos días, sobre todo porque hai parón. 

Falou de máis cousas pero no blog collemos o que nos pareceu máis relevante.


Outros: 

O construtor. 

O señor.

Economía e covid.


No hay comentarios:

Publicar un comentario