Fai máis de oito anos empezouse a edificar o que
ahora é este equipo . A decisión de intentalo non foi nada difícil , baseouse
nunha charla ca “Capi” que consistio en
dicir as dúas : “ Si vas ti vou eu, pois
vamos" .
O único que queríamos era pasalo ben e disfrutar
xogando e sen dúbida aquí dábanse ambas cousas.
Dende o primeiro
día fomos un bloque, nada ía a ser
fácil pero iso íanos unindo cada vez máis, ata chegar a ser o que somos ahora
unha GRAN FAMILIA.
Sen dúbida este
equipo deumo todo e o que vivín aquí nunca o olvidarei. Aprendín o que era
chorar de rabia, de alegría, a non durmir nunha semana por unha derrota e desbordar
de felicidade por unha remontada. Desexar que chegaran os venres e os sábados para
estar tod@s xunt@s. E pasara o que pasara no campo sempre con
momentos para as risas.
O FISOBER para min é máis que un equipo, é a miña
familia , é a miña casa e nunca deixarei
de sentirme como unha máis.
Por iso tomar esta decisión foi tan difícil e non podo
evitar sentirme triste o pensar en todo o que deixo ahí.
Debo darlle as
gracias a todos os que fixéstedes sentirme tan a gusto aquí e que fixéstedes
que todo esto fora posible. A afición e
a directiva por estar ahí sempre apoiándonos. O corpo técnico por todo o que sacrifican por estar con nos , e como
non as
compañeiras máis ben amigas por ser as mellores e facerme pasar tan bos
momentos que nunca olvidarei.
Ahora dende a distancia ou dende a grada sufrirei
como unha Fisober máis ,pero si algo
teño claro é que esto non é un adeus é un ATA
PRONTO.
ALÉ FISOBER ALÉ ! SEMPRE !
No hay comentarios:
Publicar un comentario