sábado, 18 de noviembre de 2023

Desmontando mitos. Clásico feminino e Guruceta

 Mañán temos "clásico feminino", pero dende o mércores a polémica está co penal sobre Athenea e o VAR.



Como sempre nesta sección vamos co que non che contan, solo falan cando lle pasa ó Madrid. Evidentemente non foi penal, foi forá do área.

Pero claro nese día houbo tres partidos con polémicas graves e tan solo se falou da que beneficiou neste caso ó Madrid. Cando o liña se trabucou no fora de xogo de Linda na primeira metade nada se dixo. Tampouco se falou do fora de xogo no gol do Hacken en Paris, un partido que rematou con 1 a 2 a prol do Hacken. Tampouco se falou nada do gol do Bayern co brazo e en fora de xogo nun partido que remata dous a dous.

Que debaría haber VAR no fútbol feminino, obvio e sobre todo en Champions dende xa, non solo nos cruces. Por certo en Valde xa se xogou con VAR, outros teñen que levar os seus partidos con VAR obrigatorio o seu Campo Top porque non o tiñan no que xogan normalmente. Pero claro supoño que será un tema de cartos e presuposto, estas son as cousas que tiñan que mellorar as institucións, iso é apoiar o fútbol feminino, darlle os materiais para a mellora.

O ano pasado por exemplo, en cuartos de final no minuto 120 hubo un penal sobre James máis que dubidoso que mandou para casa o Lyon no partido vs Chelsea, aquel día nada dixo Emma Hayes. Tampouco dixeron nada do VAR cando no primeiro clásico oficial Paños amarrou a perna de Kosovare e pitaron falta da sueca en vez do penal. Ou o ano pasado.

Os que piden o VAR en feminino debe ser sempre, hoxe ou o pasado finde co gol de Ramírez co Levante.

Tamén nos falan de Yolanda e de Megía. Como di un amigo, o nivel do arbitraxe vai en función da categoría e do nivel, un servidor nos partidos que vé, observa unha falla de nivel considerable.

Mañán xa se esquencen de todo, que teñen a festa montada para a goleada: " Cercavila de Gegants e Besties, Canons de CO2, Hinme per D´Alizzz, banderes, jocs al videomarcador, fan cams, pluja de samarretes, Dj Siria, Homenatge a Marta Torrejón, Coreografia D´ Ávies. " 

Xa o di Ana-Maria Crnogorcevic: " Gañará o Barça, non hai dúbida, solo falta saber por canto."

Claro e con este penal recordouse a Guruceta, pero futbolgate cóntanos outras cousas desa noite:

O partido foi interrumpido en dúas ocasións polo lanzamento de obxectos.

Houbo unha invasión de campo nos últimos minutos.

Guruceta anulou un gol legal a Velázquez.

Muñoz, adestrador do Madrid, foi alcanzado por unha botella.

O bus do Madrid tarda catro horas en saír do campo.

Tralo erro, Guruceta foi sancionado seis meses.

O Camp Nou librouse do peche.

Antes do "penal" o Barça necesitaba dous goles para clasificarse.

Juan Gich, directivo do Barça, foi elevado pouco despois a delegado nacional de Educación Física e Deportes ( similar ó que agora é secretario de Estado para o Deporte).

Guruceta nunca voltou a arbitrar ó Barça nas seguintes dezasete tempadas nas que árbitrou en primeira.

Non voltou a arbitrar ó Real Madrid ata marzo do 72.

O Real Madrid ten un % de triunfos con Guruceta do 55, moi por debaixo da súa media.

En 3 partidos, o Barça non perdeu con Guruceta.

Máis info sempre en futbolgate.

Anteriormente:

O árbitro do clásico.

O xuiz.

Breves RM fem.

Carencias en fem.


No hay comentarios:

Publicar un comentario