Como xa presupoñíamos onte Güler non xogou porque está lesionado, co cagón e quedaben que é o Carlo raro foi que non lle dera cinco minutiños como estaba o partido. As teorías de que era para que non fora con Turquía, soaban mal. A pregunta é que facía lesionado no banco?
Varios medios apuntan xa a un mesiño no dique seco, outros que despois do parón, pero o certo é que o rapaz non ten sorte nen físico. Por algo os ingleses non entraron na súa puxa. Despois da operación e tanta lesión típico ir caendo de unha a outra a pouco que che forzan, non está aturando o método Pintus.
Na mente xa temos os casos de Prosinecki e Woodgate que non puideron dar o nivel no Real Madrid, e o Carlo xa di que lle empeza a pesar o turco, que anda desanimado, normal por outro lado.
Os dous xogadores que máis hypearon no blog nos últimos tempos, foron Íker Bravo e Ollomol II, o primeiro que chegou coma fichaxe estrela do Castela xa anda coma suplente do xuvenil. Nun xuvenil que vai sexto na súa liga e no que non hai nada aproveitable. Nun grupo V por debaixo de Atleti, Raio, Xeta, Leganés e R. Majadaonda, case nada. En inferiores o problema non é a clasificación, son as sensacións. O ollomoliño aínda non debutou nin o esperamos.
Pero como di Alvaro M G:
A conclusión debe ser:
- Xogador en desenrolo físico.
- Primeiro contacto coa elite.
- Demasiadas presas por chegar ó Real Madrid pola súa banda.
- Non recibiu a carga necesaria de pretempada.
- Correuse de máis con el por que estivera a punto. Falouse do debut despois da lesión moi cedo.
- Un xogador que por físico require unha adaptación máis lenta cos Jude, Edu ou Aurelio.
Os xogadores xoves deben ter un proceso de adaptación de moitos meses ós adestramentos da elite. Sobre todo se non son unhas bestas pardas fisicamente.
A mínima carga, rompe por tódolos sitios, como nos cando vamos ó gym un día o mes, que non nos movemos nos cinco seguintes.
Tamén pode ser o estrés e a presión de xogar no Madrid que non vale para todos.
Pero bueno na convocatoria entran de abaixo os Fran e Diego para a portería. Fran a día de hoxe é o proxecto no que máis confían para o posto.
Edgar para a defensa, internacional en inferiores, pode desenvolverse coma central ou medio defensivo, postos nos que está a xogar no filial. Era previsible ca baixa de Rudi e con Carrillo ( o veterán do filial) e Jacobo ( no que máis confían), aínda con molestías ambos. Edgar pode axudar para un partido, algo lento pero de bo pé, non fará carreira no club e en primeira creo que tampouco. Tamén entra Nico Paz máis habitual.
Por certo leva uns días soando o nome do dianteiro de vinte anos do Santos o Marcos Leonardo vinculado ó Madrid, 15 kilos e pluses. Están a subir o prezo para colocarllo a outro, ou renunciamos ó sapoconcho de verdade.
Por certo o noso Miguel pretendido polo Arsenal, pero a Carlo non lle gustaba a Zizou por certo si.
Levamos arrastrando as lesións dende a pretempada e cada vez temos menos xente na rotación. Temos cinco xogadores moi lesionables fibrilarmente. Gúler é o Top xa que non debutou, Ceballos o segundo que pouco xogou e cobra cinco limpos o noveno do plantel, despois temos a tres xogadores chave que non son moito de fíar muscularmente, os tres defensas por certo. Mendy que non tardará en recaer, Carvajal que xa abondo aguantou este ano e Alaba que caerá en breve. Andamos xustos e ca peor canteira en anos.
Unha vez liberados dos Odri, Hazard, Mariano que vivían lesionados e a baixa forma de Marcelo e Isco que parece que algo recuperaron, temos unha nova xeración para ocupar o seu lugar.
Por certo xa temos no forno unha nova sección para "rajar" de xogadores do pasado madridista o informe Pirri ou máis ben Luigi definitivo, dos oitenta a actualidade, proximamente no blog.
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario