viernes, 10 de noviembre de 2023

Amnistía.

 Non me gusta falar do Barça pero por petición popular vamos deixar unhas palabras.



Realmente vexo pouco o Barça, cando xoga contra o Real Madrid, ou se me colle de rebote en algún bar ou zapeando, e o que vin non da para moito, o igual co Madrid, en canto nos colla un oso en Europa, chau, chau os dous.

Uns datiños eso si do Barça que sempre busca a excelencia de Pelopo, curiosos.

En competicións nacionais, 59 triunfos, 13 igualadas e 14 derrotas, 69 por cento de triunfos por tanto.

En Europa dato raro, 7 triunfos, 6 igualadas e 7 derrotas, 35 por cento de triunfos, non parece que divirtan moito. 

Nese mesmo periodo o Real Madrid: En Champions, porque tan solo xogamos Champions o Barça incluso caeu a Europa League, 20 triunfos, 2 igualadas, 6 derrotas. O Madrid tamén xogou algún partido máis o pasar roldas. 71 por cento de triunfos por tando.

En España o Madrid, 59 triunfos, 16 igualadas e 13 derrotas. Un 67 por cento de triunfos en España. 

Conclusión para o Madrid é máis difícil gañar en España pero o tanto por cen non anda moi lonxe. A cousa muda moito para os culés que teñen números moi diferentes, habería que facer un bo análise ou igual investigar algo.

Lía tamén o outro día que levaba 19 triunfos por 1 a 0 dende que chegou ó banco, raro tamén para Pelopo.

Fálanos de falta de intensidade, discurso de siareiro como di Valdano. Discurso de outro tipo de club, lonxe do que Pelopo nos vende, os reis do Relato e dos contiños.

O polaquiño logo o van querer chimpar, xa que os seus contratos ascendentes van a facerlle a da estrela do basket, limpalo canto antes mellor. O seu último gol en shempions fora da casa foi xogando co Bayern en novembro do 21, seis partidos leva sen enganchar peixe. Teñen que facerlle sitio o novo brasileiro e claro, entre iso, un novo Indapandença Games ou similar por tropecientos millóns e algún lateral esquerdo fillo de ex de ambos equipos que van colocar en San Blas, outro con contrato ascendente e veña fair play listo.

Os Juans portugueses toca está semana subirlle o soldo? Vaia trola colaron con iso. O amigo do adestrador mellor pagado do mundo, creo que leva 10 partidos sin enganchar peixe.

Nada que non coñezamos do seu entorno nacional-victimista habitual, viven no seu relato de que os rouban e claro foron beneficiados polo proteccionismo, Franco, Aznar e agora por Sánchez, e todos os que houbo no medio evidentemente. E os galegos chupando encoros e virotas.

Despois chega o Chuflas e di o mesmo, que necesitan gañar e xogar ben. Cando iso non sucede a xente frustase e critica. Que viven nas sombras.

Que non recordarán a catorce e xa che da a risa. Unha pena que Pelos en vez de querer falar con Vini, non chamara ó Chuflas para que troque algunha actitude e así sexa máis admirado. Recordades vos quen gañou a última "Davis Cup"?, cargouse algo mítico. 

El busca que lle fagan casiño, nada raro, a ex xa se cansou de adicarlle cancións e busca voltar a que falen del, típico do Chuflas. Vaia troll sempre foi o rapaz, que tanta bilis leva comida. Tanto Relato nos levan contado. Thank you so much.

É boa verdade que ninguén nos vai recordar por aquela Champions, nin por cascarlle tres o Psg en vinte minutos, nin dous ó Colonias en minuto e pico, un servidor polo menos si. Bueno e RMC tamén xa que ía facer un documental da Champions do Psg e rematou facendo do Eterno Real Madrid.  

Descubre os nomes, sigue os links para adiviñar o xeroglífico.

De política falamos cun café, non  vos asustedes.

Outros:

M. sociolóxico. 

By Valdano.

By Relaño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario