jueves, 28 de diciembre de 2023

28 D. Realidade paralela.

 Última hora, xiro no Negreira Gate, descúbrese que o Madrid leva pagando ós árbitros perante 20 anos.



Florentino e toda a súa xunta directiva acaban de dimitir, mentras Tebas, Rubiales (que volta o seu cargo por unha nova lei perdoado por Jenni), Laporta e Gil Marín pediron a disolución inmediata da entidade. 

Tebas retiroulle tódolos títulos nacionais o Madrid despois de ver rodeada a súa casa por miles de persoas con lume.

As masas asaltaron o Bernabéu e leváronse tódalas lamas como recordo e incluso as cerchas da cuberta retráctil. Hai que comezar de cero, polo menos Flo non fichou a ninguén.

Toda a prensa nacional publica un artigo coa mesma portada " Xustiza e Castigo" . No editorial conxunto escrito por Segurola, Guillem Balaguer e Diego Torres piden que a xente volva ordeadamente as súas casas para que non haxa máis mortos.

O exercito está nas rúas, Florentino e a súa xunta directiva abandoaron España nun helicoptero privado dende o céspede do Bernabéu, xusto antes do asalto. Algún cidadán colgouse e continúa en paradoiro descoñecido.

O Presidente do Goberno e no seu nome o Rei, dirixen un acto de resarcimento das vitimas, coa entrega das Copas ós clubs que quedaron segundos nas Ligas do Real Madrid, dende a II República ata agora. Farase tamén co resto de trofeos nacionais.

A xornada de liga foi suspendida e o Real Madrid xa non existe. Fundouse un novo club e dise que a familia Gil está interesada a ver si o poden mercar. Queren integralo no Atleti e poder así sumar as 14 Champions.

Na próxima xornada os equipos saltarán ó campo con camisolas que poñen "Gañao no campo" e unha pancarta " fútbol para os fans". Os partidos en Tv de pago por suposto.

Era como se no Tour vas escapado e ó chegar o último porto ó outro axudano a subir os siareiros e a ti ademais de non axudarte, teus fans dinche de todo por non seguir o ritmo do outro.

Cuentame voltará para facer un episodio especial sobre o tema.


Basado en  Ice Landic 19 febreiro 2022.

No hay comentarios:

Publicar un comentario