Nunha semana veuse abaixo toda a ilusión de moitos madridistas, ca lesión de Tibú, Mili e as novas sobre o sapoconcho. Todo isto unido a lesión de ollomol II.
Sinceramente perder para todo o ano a uns dos mellores porteiros do mundo e a un dos mellores centrais do mundo é un "pauaso" e difícil de superar, e o baixón é enorme e imposible de predicir. Porque no fútbol coma na vida podes facer as cousas ben e levarte paus e outros a base de pseudopalancas e motores irlles todo a pedir de "Milkhouse".
Sinceramente dos nomes que soaban non nos gustaba neste blog ningún, xa que é imposible fichar un porteiro igual ou mellor ca Tibú. É imposible traer a un dos que se lle acercan en calidade para un ano. Son pouco optimista de como voltará o belga despois desa lesión, por razóns de idade, peso e altura, pero hai que esperalo.
Por tanto Kepa non me parece unha mala opción coma parche para a picada, que é un parche non o esquenzamos. Son dos que deixaría a Lunin coma titular de momento para ver como responde con partidos, senón cumpre pois tempo para Kepa, pero rotaría de vez en cando.
Non pagarlle un peso a Sevilla e Valencia, o mellor, que pague o palancas e o xefe oscense.
O peor de perder a Militao é que a defensa é a zona máis débil do equipo porque Mendy, Carvajal e Alaba viven lesionados boa parte do ano. Ademais sen Mili o equipo recúa bastante máis, xa que Rudi funciona mal con espazos as súas costas, e iso é o que debe facer o equipo para apretar arriba.
Foi unha pena o de Rafa Marín, porque parecíanos o adecuado neste caso e creo que xa non pode voltar. Ademais do seu debut na Liga hai quen di que o fixo xenial e outros que a pifiou con Chris Ramos, un ano para curtirse venlle ben para saber si vale como dicimos aquí ou é outro pufo.
Na canteira pouco hai, agora rumorean que Marvel subirá, parecenos malísimo, o outro veterán é Carrillo tampouco da o nivel e os rapaces como Jacobo pois o mesmo. Edgar que podería ser o mellor é máis medio ca central.
Kepa, un central cedido é un bo atacante son necesarios. Querer un bo atacante non che fai mal madridista. É máis queres outro home arriba porque desexas que o Madrid gañe. Karim o ano pasado estivo mal pero viña de ser balón de ouro, e estasnos contando que o remprazas por Joselu, como dixen noutras ocasións o de Silleda mellora a Mariano e chega un ano tarde pero hai que traer outro para arriba aínda que sexa outro cedido.
Que deixedes de fliparvos co sapoconcho que non quere vir e listo, non ama o Real Madrid xente, non pasa nada, pero non podemos estar tódolos veráns autoenganandonos.
E senón van traer a ninguén pois dáballe unha oportunidade a Reinier, confío nel, que vou dicir. De momento non o colocaron e no Fla xogaba coma nove nun esquema similar ó novo do Carlo. Aquí o deixo. Incluso o City che saca canteiráns randoms.
No primeiro equipo teñen que xogar os raparigos con potencial porque se esperas a que xoguen cando o demostren mal vamos. Este ano ía ser Nico Paz que xa sabemos o que vai xogar. Valverde, Ody ou Vini no Castilla non funcionaron moito, hai que darlle minutos ó xogador que pensas que ten potencial non o xa feito. Que os gañadores da Youth League non tiveron oportunidades, os de agora que son peores teñeno peor.
A dianteira do filial son Noel, Álvaro e Íker Bravo. O galego non é o esperado, Álvaro pois anda desaparecido e que vamos a dicir de Íker, con problemas para anotalo e do que contan que obrigaron a durmir na cidade deportiva para controlalo.
Como Marvel, supoño que o outro nove vai ser Álvaro pero o nome e Reinier Jesús. O final nin Ody, nen Kubo eran tan malos e confío moito en Arribas e Marín, pero hai que poñelos ou saber cedelos.
Sinceramente o verán complicouse bastante, pero a estas alturas tes opcións de salvalo. Outra cousa é que teñan gañas e cartos para facelo. E se non queres gastar sales e explicalo, que nos non somos de palancas, somos de cartiños ó xeito pero explícalo que despois a culpa en xaneiro vai ser toda do Carlo. Kepa por Tibú, Joselu por Karim e Marvel por Militao é moito baixón digades o que digades.
Sapoconcho non, Kane non, non hai remplazo para Karim, cae o case mellor porteiro do mundo, cae o case mellor central, sen reforzar os laterais, co Carlo pensando en Copacabana, pinta mal o conto.
O sapoconcho como di Kollins é o Moby Dick de Flo o cal disfruta das capturas imposibles, pero está quedando un pouco mal co tema xa.
Pero non podemos dicir co Madrid non quere fichar dianteiros que non sexan estrelas por Jovic, porque senón non fichamos estrelas consagradas por Hazard. Nin canteiráns por Mariano, nin promesas brasileiras por Reinier.
Juni o home para arriba era Julián Álvarez!
Por certo non ten Juni un central así para o filial mellor ca Marvel? Porque para arriba xa temos ó Endricki para o ano.
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario