LIGA AUTONÓMICA
RESULTADO :
FISOBER F.S.F. – POIO PESCAMAR “B” : 0-0.
FISOBER : Leti,
Tamara, Noe, Paula Fandiño e Ana ; tamén xogaron : Mai, Nuriña, Inés, Andrea
Piroja, Ale, Andrea Muíño.
POIO “B” : Laura,
Yolanda, Teresa, Rebecca e Carolina ; tamén xogaron : Eva Ferreira, Andrea,
Lucía, Marta, Eva Pereira e Noa.
ÁRBITRO : Jose
Rey ; CRONO : Daniel Brión.
GOLES : Sen
goles.
Partido
correspondente a sétima xornada da Liga Autonómica Galega disputado na tarde do
sábado no Pavillón Municipal de Vimianzo con boa presenza de público.
Aínda que pareza
mentira e a pesares do resultado gafas de igualada a cero o partido foi unha
delicia para o espectador dos que fan afección, cheo de intensidade, ocasións,
emoción e que puido caer de calquera lado, solo faltou o gol para facelo máis
bonito aínda, polo tanto pode ser que a
igualada fora un resultado xusto, o que parece incrible foi que non se movera o
electrónico en toda a tarde, grazas tamén
a gran actuación das porteiras .
Arrancaron moi
fortes as visitantes, a pesar da súa xuventude as rapazas do filial do Poio que
son as actuais campionas da
competición amosaron o seu poderío. Tras uns primeiros
minutos de dominio visitante as costeiras foron sacudíndose dito dominio e comezaron a poñer en perigo a porta
defendida por Laura nesta primeira metade.
Dominio visitante
e rápidas contras locais , ese era o guión. E as ocasións chegaban por ondadas,
pasábase duns minutos no que as visitantes tiñas as súas , a outros no que
chegaban as das costeiras.
Nesta primeira
metade as máis claras por parte local foron para Inés, Paula Fandiño e Ana que
non chegou por pouco a un pase cruzado.
Pero chegouse con
igualada a cero o tempo de lecer, ningún equipo era quen de perforar as redes.
Na segunda metade
foi un pouco do mesmo. Minutos bos dun equipo daban paso a minutos bos do
outro. Nesa alternancia de xogo e ocasións que foi unha constante durante todo
o partido.
E tanto Leti coma
Andrea que foi a elexida para defender a portería visitante nesta segunda
metade seguían infranqueables.
As mellores
ocasións locais nesta segunda metade estiveron nas botas de Mai, Noe e Paula
Fandiño que dispuxo dun libre indirecto no borde do área a catro para o fin.
As visitantes
tamén tiveron as súas pero non foron quen de superar a Leti.
En definitiva
gran partido de tódalas rapazas de ambos equipos sobre o rectángulo de xogo que
a pesares do inusitado resultado deron un gran espectáculo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario