jueves, 24 de agosto de 2023

Fútbol.

 O maior éxito do fútbol feminino español quedou marcado por un bico, como todo parece indicar non consentido, dun xefe a unha subordinada, o demais son contos. Pasamos da ledicia a tristeza en segundos.

Nestes días que deberíamos estar a falar do título, de como potenciar as competicións, de que debemos facer para encher campos.... pois non estamos a falar de todo o contrario. Un xefe que eclipsou o éxito, un título mundial, aquí poderíamos rematar.

Hai que mirar tamén como ten controlados os periolistos o xefe, a base de publicidade e favores. Igual co outro xefe da patronal, non o esquenzamos. Como todo comezou ben cando chimpou a JLo e lles fixo caso, como tapou todo do tema co Chuflas e moitos outros que se taparon. Non hai que ser moi listo para ver como é o señoriño. Recordemos cando dixo as conversas que tivo con Obama sobre o tema JLo, tan solo tedes que bucear sobre o tema.

Non nos enganemos a primeira reacción a miudo é a máis sinceira, e nun primeiro momento os periolistos taparon todo e restáronlle importancia. Recordades o caso Vini en Mestalla. De primeiras pasamos do tema e cando salta o nivel internacional e colle repercusión recuamos, pois desta vez o mesmo. 

España é un país de xente boa como moito persoeiro pouco preparado en postos de importancia, como vemos cada día na política.

O título mundial é un feito extraordinario das xogadoras pero reflexa o positivo e negativo do fútbol español. 

O fútbol en Galicia por exemplo básase nun grandioso traballo de base que fan adestradores fabulosos pouco ou non remunerados. Cuns directivos que se desviven por mera pasión para intentar ter a xente o mellor posible.

Un traballo formativo cada vez mellor que posibilita que aparezan xogadoras que optimizan as súas cualidades para competir. No masculino igual.

E claro na elite sobre todo no masculino aparecen os que se aproveitan desto para facer negocio. A cúspide está podre e chea de enchufados e pouco preparados. Así temos as institucións que temos a base de ir comprando vontades para non perder o cartiño.

O máis triste é que tanto o xefe coma o mister tiñan gañado o relato cando rematou o partido, tan solo tiñan que facerse a un lado e darlle o mérito as xogadoras. Pero nada un a poñerse medallas e o outro xa vimos todo o que fixo. Xestionar o éxito é moi difícil.

Persoalmente non me gusta o mister, pero o tema das quince tralo éxito tiña todo na súa man pero perdeuno.

Porque algunhas das cousas que pedían eran melloras en tema de fisios, adestradores, nutricionistas....., algo que por certo lles concederon, claro moitas delas viñan de cargarse un ano antes o mister do seu equipo e claro pensaron que sería igual de fácil e non mediron con quen trataban.

Pero o mister tamén pode dicir que eliminou as malas herbas e todo funciona sen elas, recordar o tema de Rulo con Aragonés, que fixo algo parecido. Aquí por exemplo pensamos que a porteira golpista non nos convence e que fixo un favor renunciando, pero claro opinión propia. 

O tipo tivo bemoles e cargouse a BdO como titular que non está para o tema e a miña porteira preferida, pero é que con Cata todo foi sobre rodas, por iso quen nos di que a renuncia das golpistas non fixo que todo fora sobre rodas. Pero claro os contos internos son sempre difíciles.

Si hai espíritu de equipo prodúcense roces pero o equipo mantense a flote. Os problemas nunha familia resólvense dentro. Habería que saber que pasou neses supostos diálogos, malentendidos e tensión interna. Os vestiarios sempre son complicados e nos femininos atópaste situacións que non hai nos masculinos e viceversa.

O tema é que estamos a desperdiciar un éxito, unha gran pena sinto sobre o tema. Falemos  de Tere ou Olga, dun fútbol feminino en alza, eses equipos costeiros por exemplo, bo ano para engancharse a eles.

Por certo son bos días para falar do tema do fútbol nas rúas e que cada vez máis as raparigas acaparan o balón, pensemos niso cando despois o prohiban nos patios e prazas por sexistas.

hai que ter ollo co de pedir igualdade de soldos e todas eses temas sobre todo por facer política e populismo, se non se xenera o mesmo non se pode pedir cousas que non veñen o caso. Hai que pedir igualdade de oportunidades, que axuden a xerar. Por exemplo un En Xogo ou Estudio Estadio de fútbol feminino, darlle visibilidade, axudar a buscar patrocinios, levar a xente os campos, iso hai que buscar e despois veremos o que se acada con máis oportunidades e visibilidade.

O que teñen que facer os políticos e ir a ver partidos, deixarse ver, non deixar solas as xogadoras con outros temas, ou acadar que non teñan que ser elas as que recollan os premios solas. Apoiar a base sobre todo. Son máis de fútbol sala pero sempre recordarei esta carta.

P.d. : Uns din que vai dimitir, outros que vai autoinculparse co apoio das territorias que tanto trincan por uns meses para safar do CSD  e voltar despois de que non se fale do tema. Nuns días saberemos máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario