jueves, 10 de agosto de 2023

Pobo.

 A caída a Terceira da Costa do Xallas e do Soneira, ven a confirmar o que levamos dicindo tanto tempo, a importancia de crear vínculos entre o club, os xogadores e o pobo, porque despois pasa o que pasa. Saír vivos desas situacións fai crecer ó club, independentemente da categoría na que xogues. Dous equipos con amplo historial en Preferente e incluso o Xallas ( Sta Comba) en Terceira.



Alá por xullo do 2011 falamos daquela crise no Muxía na que apercía a posibilidade da desaparición.

Non podemos hipotecar todo ante a posibilidade dun título efímero que quizais nunca chegue. Claro que no deporte hai que gañar e sobre todo competir, pero cos pes na terra. Porque o verdadeiro deportista sabe que non pode gañalo todo.

Un club o que ten que facer é crear unha base de xente que queira o club e o pobo, educar esos xogadores e facelos sentir importantes. Sentirte importante non é xogalo todo, é que che fagan ser especial, aínda que sexas un deportista normaliño.

O adestrador en categorías inferiores debe ser educador, non solo formar xogadores senón persoas, inculcando e sobre todo demostrando os valores ao fútbol. Acadar unha boa autoestima, que se sintan importantes, eles son os protagonistas.

Non se pode desperdiciar a oportunidade de enganchar xente ó club, os partidos pasan pero o sentimento perdura. Por exemplo o pasado domingo meus pais foron xuntos a Arliña, a importancia do fútbol como unha cousa familiar, gracias ó dobre partido do feminino e do masculino.

" Borrar os elementos que canalizan esta relación e borrar a historia e a vida deste lugar..........Non nos gustaría ver un pobo sen as súas referencias que o vinculan coa historia que marcou o seu xeito de vida. Queremos un pobo vivo. Ir eliminando elementos referenciais é ir matando vida, pechando o futuro."

 Hai que crear algo importante e cos pes na terra que perdure no tempo, sexa na categoría que sexa pero que nos permita ter un sentimento arraigado co club. Algo coma que tanta xente fora a ver o partido de Copa co Xallas, a pesares da dificultade e que moitos foran tan solo para poder aplaudir os xogadores en Dumbría para premialos pola gran tempada.

E como non a importancia da xestión de grupos.

Por favor aprendamos do que está a pasar o noso lado e aproveitemos todo o que estamos a lograr sen tolear. Sacar tantos equipos a competir é unha ilusión e unha responsabilidade. 

Non nos ceguemos . Creando así máis e máis contos para o banco da lonja. Dende Eduardo Toba, ata a liga do capelán, pasando por aquel primeiro título

Queremos un pobo vivo.

Anteriormente:

Breves e marisco.

Nova etapa.

Sementar .




No hay comentarios:

Publicar un comentario