jueves, 3 de agosto de 2023

Curtiño e ó pé desta pretempada.

 Pois vamos a deixar unhas cousiñas sobre a pretempada, sen orde, nin control coma moitas cousas no equipo e a tolo como é un por estas letras.



A pretempada é para probar cousas e certamente son dos que prefiren que as cousas salgan mal, porque despois cremos que somos mellores do que realmente somos. Sempre recordo aquela mítica tempada do Depor que foi de goleada en goleada contra equipos Tops e despois pifiouna, pois iso.

Os resultados non importan a nivel deportivo, pero si a nivel de imaxe, creación de siareiros e negocio en USA, non creo que Flo volva contento dos últimos dous partidos.

MBappé non é un nove e non vai solucionar a relación co xogo, é máis ocupa o espazo de Vini e viríalle tamén moi ben un nove. Certamente ten moito gol e é o xogador máis desequilibrante do momento e posiblemente o mellor xogador do mundo pero unha cousa non quita outra.

Sinceramente o mellor nove para suplir a Karim sería Harry Kane, ten gol e moito xogo, pero claro o presi solo lle fai olliños Bappé, ten 30 anos e sabemos o que pensa Flo das amortizacións desa xente, ten o trauma Hazard no lombo e pelexar con Levy non é fácil, pero o nove a fichar sería el.

Para poñer un medio máis e ter contentos a estes, sacas de posición a varios xogadores e sobre todo os teus dous máis desequilibrantes como son Vini e Rodry que cun nove o lado son o triple de mellores.

Joselu chegou un ano tarde e Fran uns meses, pero Joselu non pode ser Karim, o de Silleda mellora a Mariano pero non lle chega a sola do zapato ó peor Karim non nos volvamos tolos. Hai que traer un nove e cun certo nivel. Ahora que temos un bo suplente, non temos titular.

O do rombo pode pasar nestas pachangas, coma o Hazard de falso nove, pero na realidade claramente non pode darse, porque como dixemos eliminas a Vini e o noso novo sete  arriba é un punta normaliño e na banda é superTop. Tampouco o vexo tirando os penals. Rombo como recurso si, como norma non.

Unha pena o de Arda Guler, porque todos tíñamos o hype polas nubes e o que queremos é ilusión, os siareiros é o que consumimos. Ademais coñecendo a Carlo, vaino ter en chino para entrar no equipo e na pretempada era a chave. E que non teña nada grave porque así arrancou Ansu. Porque o Madrid ven dunha tempada difícil, goleada co City, a Liga tirada con moitos meses de adianto, a marcha de Karim. E claro necesitamos estímulos, competitivos  pero tamén  ilusionantes. Tal vez o ollomoliño non sexa un fichaxe planexado, nen estratéxico pero era ilusionante algo tan necesario para nos.

O Madrid está a un par de pezas de ter un equipazo, pero claro esas pezas son un nove titular e un lateral dereito.

Pero claro a min que siga Carlo que é un adestrador de velas vir e que non axuda nada os xogadores. Que seguimos sendo bastante floxos atrás e sen gol, asústame un pouco. No fútbol dende a Costa ata a elite, solidez defensiva e gol dan moitos títulos. E cun Carlo en último ano e pensando en Copacabana xa non digo nada.

Carletto é bo para outro tipo de planteles pero creo que a día de hoxe necesitamos outro tipo de adestrador e máis sen Karim que era a pedra angular de todo o xogo de ataque. O equipo necesita trocar roles, esquema... e o noso Carlo creo que non é o home.

Seguimos sendo un equipo moi lento e previsible, con erros grotescos atrás e que sale durmindo o típico para tirar con outra Liga fronte o equipo Cholista que construiu o Joker e Javier.

Igual Fede debe ser o Cama do ano pasado e xogar de lateral dereito e incluso Cama remata sendo o noso mellor lateral esquerdo, manda truco.

Mira que somos de Ferland Mendy neste blog, pero pode ser que naquela mítica salvada nas semis co City debeu vender a ialma ó demo porque dende aquela, non da unha e vai de lesión en lesión, incluso comezo a pensar que debemos vendelo.

E 10 días sen partido, non o entendo, ups.

Vos que pensades?

Anteriormente:

Bappe 23.

Letras galegas.

Sentimento copeiro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario