Unhas breves novas sobre o Real Madrid feminino:
As xogadoras a través de AFE decidiron que Caroline Weir fora nombrada a mellor xogadora da Liga F na tempada 2022/23 e claro a xente queixándose de porque non llo derón a Aitana que foi balón de ouro. Sinceiramente porque Aitana xogou daquela maneira en Liga porque o Barça é moi superior e reservouse para Europa, mentras que Caroline foi a xogadora que maquillou todo o sistema Toril como se está a ver esta tempada. Algo así coma cando no 2010 levou o BdO o señor Messi, ou llo querían dar a Iniesta que estivo boa parte do ano lesionado, cando o mellor aquel ano foi Xavi, porque a xente opina pero non vé, nin se informa.
Parece ser que o Real Madrid e Sandie Toletti non están a negociar nada sobre a súa renovación. Foi a xogadora elexida polos nosos siareiros coma a mellor de outubro. A Tere parece que lle ofreceron unha renovación a baixa, a galega ten moitas ofertas despois do seu gran mundial.
Polo tanto seis das oito campioas do mundo rematan contrato, tamén Kenti, Svava, Sousa, Freja, Feller ou Raso, moito traballo nos despachos toca.
Tamén parece ser que o Real Madrid de novo irá a por Nathalie Bjorn este mercado de inverno para intentar reforzar o posto de central. Ofrecerán como máximo 100.000 euros xa que remata contrato en xuño. Anteriormente ofreceron 350.000 euros.
Outra central que soa é Sophia Kleinherne de 23 anos e pertencente ó Eintracht Frankfurt.
No partido do venres noite fronte a Real Sociedade, sete a un, ben arriba e mal atrás. O Barça vai dar gusto para a semana.
O Real Madrid feminino B gañou por 0 a 1 ó Zaragoza CFF e sigue líder no grupo 1 da Segunda RFEF. O domingo as 16 horas o rival será o Real Oviedo.
Parece ser que os partidos da Champions Feminina pode haber algún gratuito. Das catro primeiras xornadas en España serían dous partidos o día ó parecer, despois xa non. Está por confirmar.
A lista do Madrid para esta competición será:
Lista A:
Misa e Chavas coma porteiras.
Kenti, Rocío, Ivana, Olga, Oihane, Kathellem, Svava e Sara López coma defensas.
Tere, Toletti, Maite, Raso, Zornoza, Freja, Olaya Enrique coma centrocampistas.
Bruun, Moller, Carla Camacho, Linda Caicedo, Feller, Athenea del Castillo coma dianteiras.
Lista B:
Andrea Rodríguez e Andrea Alonso coma porteiras.
Andrea Colomina e María Portolés coma defensas.
Adriana Folgado, Paula Rubio e Raquel Iñigo coma centrocampistas.
Sara Martín, Naiara Sanmartín, Marisa e Pau Comendador coma dianteiras.
Mércores 15 de novembro as 21 horas fronte ó Chelsea será a xeira para o Madrid. Ese mesmo día pero as 17 horas será o sorteo da Copa da Raíña, ese título que se nos foi polo noso adestrador iluminado.
Octavos a un partido en xaneiro, cuartos a un partido en febreiro, semis a dous partidos en marzo, final 18 maio.
Anteriormente:
No hay comentarios:
Publicar un comentario