miércoles, 19 de julio de 2023

Novas breves Muxía CF e marisco para saldar unha aposta.

 Pois no día de hoxe vamos a recompilar as novas breves que temos sobre o Muxía nestas últimas semanas.



Fai pouco máis dun mes coñecíamos os novos encargados de capitanear  a nave do Muxía na tempada 2023/24 que non serán outros que Fernando Waldomar, máis coñecido coma Nando e Francisco Toba, máis coñecido coma Fran Pioto.

Tamén coñecíamos que os encargados de axudar ca preparación física nesta pretempada tanto para o primeiro equipo coma para o xuvenil será o ximnasio DAFIT, con Damián Espasandín e Dani Lema a cabeza.

No tema das renovacións ata o de agora sabemos que para a portería temos a Jose Domingo Lema.

Na liña defensiva de momento temos a dos capis Michael Vilela e Congui.

No mediocampo Julián, Álex, Xan, Anxo e Mauro.

E na parcela de ataque renovarón Manu Nogueira, Fran Moreira, Isma Pose e Iago.

Ademais de Adrián Alcaína que recén operado da lesión de ligamentos difícilmente poderá xogar na vindeira tempada.

No tema de baixas confirmadas están a de Maikel Mouzo e Joselú que se van con Diego Lobelos para o Fisterra.

De momento non está confirmada a renovación de Gusa, tampouco a continuidade dos dous xuveniles que pasan a ser senior como son Mateo para a parcela defensiva e Darío para a ofensiva, aínda que a rumoroloxía parece indicar que poderían continuar os tres, pero ata que non se confirme solo será rumoroloxía.

Os rumores tamén din que Kevin aínda en idade xuvenil fichará por algún conxunto da Liga Nacional Xuvenil se non o fixo xa. Tamén din as rúas que Martín dependerá de onde o leve a súa situación académica. Álex que era outro dos futuribles xogará no Dumbría ó igual que Lucas que permanece outro ano máis en Dumbría.

Sobre fichaxes pois de momento non sabemos nada nesta conta, nin tampouco de si os Toja, Peski, Rati e demais xogadores con ficha a tempada pasada siguen ou non. 

Tamén hai que ter en conta que na fase de ascenso se non recordamos mal foi expulsado Manu, e na Copa foron expulsados Michael Vilela, Ángel e Diego Lobelos, creo que todos eles estando no banco, descoñecemos os partidos de sanción de cada un. Tamén descoñecemos se a Federación despois de conseguir a Nations League concedeu unha amnistía as sancións menores como é habitual despois dun título dos senior da selección nacional. O normal é que cada un cumpla sanción na respectiva competición.

Coñecemos tamén que o adestrador dos xuveniles e dos infantís serán Luis Romaní e Miguel Ángel Sambad, máis coñecido coma Miguel do Nioco. Parece ser que andan xustos de efectivos, algo importante a mellorar porque cas fichas dispoñibles para o primeiro equipo van a facer falta porque a base sempre pode botar unha man. A idade para ser xogador xuvenil a vindeira tempada serán os nados nos anos 2005,2006 e 2007 , ademais a idade cadete será 2008 e 2009 que tamén poderían xogar nos xuveniles. Supoño que si algún rapaz/za desa idade ou doutras  está interesado en xogar pode poñerse en contacto co club.

Os adestradores da debutante categoría feminina serán Isma Pose e Congui.

Despois de dúas tempadas quedando segundos e cas salvacións in extremis de Esteirana e Baio, supoñemos que o obxectivo será acadar o título, pero igual como dixemos andan algo xustos de efectivos de momento a falta de coñecer novas renovacións ou fichaxes.

Tamén coñecemos hoxe que o letrado muxián Manolo Martín obsequiou o club cunha pintura e un bono para o Parador para que o Muxía recaude fondos para a nova tempada.

Para rematar hoxe aparecía na Voz un artigo ó máis puro estilo dos nosos do Banco da Lonja, titulado Marisco de Muxía para saldar unha aposta. O artigo firmao Jesús Flores.

Nel cóntannos que alá polo 1964 con Eduardo Toba coma adestrador do Oviedo, cando o equipo asturiano saíu rumbo a San Mamés onde se xogaba a carta decisiva, o Doutor Toba prometeu os tamén galegos Arsenio e J. Blanco que si se puntuaba en Bilbao os obsequiaría cunha mariscada que o propio Toba traería especialmente dende Muxía. 

Os ovetenses triunfaron grazas a un gol de Arsenio a pase de J. Blanco. 

E como o prometido era débeda cumplio a promesa, aproveitando a ocasión para reunir a un grupo de amigos e futbolistas. 

Estaban Arsenio, así coma Amador e o ferrolán Polo que segundo nos contan no artigo xogaban no Atlético. Tamén J. Blanco que chegaría a xogar no Madrid. Tamén estaban o confiteiro Isidoro Castilla do Hildita, os periodistas Vituco Leirachá e Manolo Ponte Patiño e o exboxeador Marcelino Pardo.

Pero como non estaban dúas estrelas coma Luis Suárez e Amancio. Un Luisito que comentou, "ningún de nos tivéramos marchado de aquí de non ser por asegurarnos un futuro económico. Noutros sitios gáñase máis cartos."

Si tedes máis información sobre novas do Muxía comentade no post do Facebook.

Anteriormente:

Novos patróns.

O gran camiño.

Sementar .



No hay comentarios:

Publicar un comentario