domingo, 3 de septiembre de 2023

Novas sobre os Muxía´s.

 No día de hoxe desputarase o I Trofeo Arliña tanto feminino coma masculino, así que vamos a contar o que as redes do club xa confirmaron ata o momento.



As 16:30 horas na Arliña despútase o partido feminino entre o Muxía e o Camariñas.

Despois as 19:00 horas sera a xeira para o masculino cos mesmos protagonistas.

Vamos a contar as xogadoras que de momento están confirmadas para esta tempada. Como dixemos en xullo o equipo feminino será dirixido por Congui e Isma Pose. Competirá na recén creada Terceira Galega, nun grupo con conxuntos costeiros e algún da zona de Santiago según contan os rumores e a liga apunta a comezar o fin de semana do 24 de setembro.

De momento no plantel están confirmadas:

Para a portería Silvia del Río e Sheila Rey.

As "capitanas" do proxecto serán Patri Romaní e Barca Toba, dous xogadoras con ampla experiencia co balón, Patri no mundo do fútbol sala e Barca en fútbol e fútbol sala ademais de moitas outras especialidades.

Despois foron confirmandose as irmáns Caamaño: Claudia e Marta, Paula Rey , Paula Vilela, outra parella de irmáns  Natalia e Inés Moledo. Raquel Bardullas , Sara Domínguez, Irene Alcaína, Karen Carballo, Denise Sambad, Sara Haz, Marcela Corbelle, Xeila Castro, Nerea Barrientos, Nerea Pazos, unha nova parella de irmáns que fai a terceira do equipo todo un record con Elsy  e Nuria Mouzo, e para rematar de momento Ana Toba e Andrea Insua.

Esto da un total de 24 xogadoras de momento, parece un bo número para esta tempada de debut, a espera de saber se o plantel está totalmente pechado.

No masculino con Nando e Fran coma patróns temos de momento este plantel:

Portería: Jose Domingo Lema.

Defensa: Michael Vilela, Congui, Gusa, Mateo, Peski.

Mediocampo: Julián, Álex, Anxo, Xan, Mauro, Víctor, Rati e o lesionado Adrián.

Dianteira: Manu Nogueira, Fran Moreira, Isma Pose, Iago, Darío, Toja.

Ademais destes no primeiro equipo senior hai a posibilidade de contar cos xuvenís.

As baixas de Joselú e Maikel Mouzo que xogarán no Fisterra e a lesión de Adrián, hai que sumar as de Rui, Matías ou Pablo que contaron con dorsal a tempada pasada. Tamén Kevin que aínda en idade xuvenil o cal chegou ca tempada en xogo dende o Dumbría, foi importante nos último tramo do primeiro equipo.

Estes son de momento os nomes que coñecemos, se non se nos esquenceu ninguén.

O Muxía competirá novamente en Segunda Galicia, grupo 2 de A Coruña-A Costa.

Debutará coma local o día 17 de setembro a semana despois de A Barca, nun derbi fronte o reforzado Porteño. A seguinte semana viaxa a Outes e despois recibe ó Coristanco. O último partido do ano será o 17 de decembro fronte o Mazaricos na Arliña. A volta do Nadal toca visitar o Corme o 14 de xaneiro. A Liga remata o 12 de maio recibindo precisamente o Corme.

Outros partidos de interese poden ser a visita a Castriz o 22 de outubro na sexta xornada. Na novena xornada visita a Camariñas o 12 de novembro, na undécima toca visitar Cee o 26 de novembro e na xornada 13 a visita o Rodeiro o 10 de decembro.

Na segunda volta o 21 de xaneiro visita o Porteño, o 3 de marzo chega o Castriz a Muxía, o 24 de marzo será o turno da visita do Camariñas, o 14 de abril chega a Arliña o Cee e o 28 de abril o Camelle.

Xa está todo o calendario colgado na web da Federación, tanto desta coma dalgunha que outra categoría.

P.d. : Ampliamos:

O Muxía feminino competirá no Grupo 2 da 3 LGF xunto con:

Corcubión, Camariñas, Cerqueda, Mazaricos, Puenteceso, Corme, Dubra, Noia B, Nicrariense, Bergantiños B, Taragoña, Fisterra, Dumbría, Outes e Cabana. Do 24 de setembro ó 19 de maio. O primeiro de grupo ascenso directo e o segundo e terceiro promocionan.

Anteriormente:

Novas breves.

Pobo . 

Novos patróns. 

Sementar . 


No hay comentarios:

Publicar un comentario