miércoles, 17 de mayo de 2023

O Real Madrid e as Letras Galegas.

 Pois chega a Semana Fantástica do Real Madrid como club, un todo ou nada que coincide curiosamente cas Letras Galegas e cas Festas da Ascensión en Santiago, que tan bos recordos. Ata catro equipos de diferentes seccións xogan partidos do Mata-Mata coma din os lusófonos.



O primeiro que entra en liza é o Xuvenil A de Álvaro Arbeloa, que xoga as semifinais da Copa de Campions mañán a partires das 16:30 horas fronte ao Las Palmas, televisado por Real Madrid Tv. A final xógase o sábado en horario por confirmar. Os de Arbeloa buscan o terceiro título do ano despois de gañar a Copa e a Liga no seu grupo. A outra semi será as 12 horas entre Ath. Bilbao e Betis. Os partidos xóganse nas Rozas.

Despois entra en xogo o primeiro equipo ca visita ao City na semifinal da Champions, o partido xógase a partires das 21 horas e televisado polas canles de pago, pouco máis que dicir sobre este partido. Visitar Manchester contra un equipo case invencible este ano e máis alí, o reto final para os do Carlo. A final é o sábado 10 de xuño a partires das 21 horas na 1 de Tve. O Inter espera xa en Estambul.

Para o venres as 20 horas temos a semifinal da Euroliga fronte ao Barça, o gran reto para a Chusmanetta. A final será o domingo as 19 horas, tamén en canles de pago. A F4 xógase en Kaunas co Barça coma gran favorito. Oly e Mónaco xogan a outra semi.

O próximo mércores día 24 é a cita para o feminino nas semifinais de Copa, en partido que se xoga a partires das 21 horas en Leganés fronte o Ath. de Bilbao. O partido será televisado por Teledeporte. A eliminación do Barça por aliñación indebida, abre un ocó o resto de equipos e dalle a oportunidade ó Real Madrid de gañar o seu primeiro título nesta sección.

A final será o sábado día 27 a partires das 22 horas tamén en Butarque e tamén en Teledeporte. Alhama e Atleti xogan a outra semi o martes 23.

Como conta las blancas en tuister: Ninguén que lea este tweet puido vivir el primeiro título do Real Madrid porque non nacéramos , en Basket o mesmo... Pero este mes poden vivir, tal vez, o primeiro título dun Real Madrid.

Que non lles conten a historia, vaian a vela cos seus propios ollos.

Semana de todo ou nada, do que nos fai sufrir ou disfrutar, iso é o Real Madrid.

Rematamos con Jabois que tan ben nos define sempre,  hoxe en galego:

 “ O  Madrid volve sempre, a veces como traxedia e outras como farsa. Pero as máis especiais regresa como Madrid.”

" E isto é básicamente o Real Madrid, unha fe ilimitada e altaneira cuxa lenda é universal, por iso nos rompen tanto a cara , porque non a escondemos."


No hay comentarios:

Publicar un comentario