SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL
RESULTADO : RIBERA NAVARRA – FISOBER F.S.F. : 5-6.
RIBERA NAVARRA:Eva, Ana Saso, Maju , Sandra e Cristina
Ochoa; tamén xogaron : Yessi, Cristina Viñaras, Estela, Irene e Aline.
FISOBER : Eva, Patri, Elsa, Inés, Ana ; tamén xogaron : Raquel, Noelia e Myrella.
ÁRBITROS : Javier
Díaz e Alberto Ansa ; CRONO : Iñaki Percaz.
GOLES : 0-1 Patri, 1-1 Yessi, 1-2 Inés, 2-2 Yessi, 2-3 Myrella, 2-4 Patri ( descanso ) , 2-5
Noelia, 3-5 Cristina Ochoa, 4-5 Yessi, 4-6
Raquel, 5-6 Maju.
O Fisober acadou
unha difícil vitoria a domicilio nun traballado e sufrido partido dos que gusta xogar e ver o espectador. Boa presenza no Ciudad de
Tudela cun público local moi metido e
combativo.
Non podían
comezar mellor as cousas para as da
Costa xa que os tres minutos unha combinación de todo o equipo o primeiro toque
acabou con Ana cedendo para que Patri fixera o primeiro gol.
O Fisober
atopábase cómodo na pista e saía con perigosas contras e tiña as mellores
ocasións ante o dominio pouco profundo
local.
Os sete minutos
de partido unha xogada de saque de esquina a favor das locais provocou a igualada no electrónico.
Xogada ensaiada e zurdazo inapelable de Yessi.
Tocáballe remar de novo as da Costa, e a seis para o fin
desta primeira metade de novo unha combinación visitante terminaba co balón nos
pes de Inés que poñía en vantaxe as súas, marcando o seu primeiro gol da
tempada e celebrando desa maneira a súa convocatoria para adestrar ca sub17galega.
Pouco lle durou a
ledicia o Fisober, xa que un minuto despois, de novo un saque de esquina, unha nova xogada
ensaiada e outra vez un zurdazo de Yessi igualaba o tanteador.
O partido seguía
entretido e as visitantes deixaban a impresión de que podían volver a poñerse
en vantaxe.
E así foi pouco
antes de entrar no último minuto o balón chegou a Myrella , que se estreaba
como goleadora na tempada, que regateou a porteira para poñer o 2 a 3 a favor
do Fisober. E case sen respirar e aínda sen entrar no último minuto Patri facía
o 2 a 4 deixando noqueadas as navarras camiño dos vestiarios.
A saída do tempo
de lecer a local Sandra tivo unha moi boa ocasión pero quen golpeou foi a
catorce para o fin o Fisober, nunha contra
con Patri que rematou co gol de Noelia
que tamén se estreaba esta tempada como goleadora.
Neste momento
cambiou o rumbo do partido. As locais decidiron xogar moito máis intensas e
agresivas, o seu público tamén, o que
fixo que o Fisober tamén tivera que por o mono de traballo. Comezaron a
sinalarse faltas a ambos lados o que presaxiaba que os dobre penaltis poderían
ser decisivos.
Mediada esta
segunda metade Cristina Ochoa facía o 3 a 5 e dáballe máis emoción o partido. O
público local cada vez máis metido dáballe máis intensidade e interese o
partido.
A falla de sete
minutos de novo un zurdazo de Yessi desta vez de falta, a quinta por certo,
apretaba aínda máis o electrónico e poñía o 4 a 5.
Solo un minuto
despois a seis para o fin, a quinta falta das locais, provocaba unha xogada de
pizarra do Fisober, por fin saiu ben, que remataba co 4 a 6 de Raquel o que daba un certo aire as visitantes.
Raquel e Myrella marcaron gol no partido. |
Os últimos catro
minutos o Ribera decidiuse polo ataque de cinco para tentar igualar o marcador.
Pouco despois
Patri dispuxo dun dobre penalti para senteciar que non aproveitou. O Fisober
respostaba ben ante o ataque de cinco e non pasaba excesivos problemas.
E todo pudo
cambiar a menos de dous minutos para o fin cando Patri roubaba un balón o
ataque de cinco e mandaba o balón o pau cando as visitantes xa cantaban o gol.
Desas xogadas chave que cambian o rumbo dun partido.
E peor se puxo
cando case deseguido as locais poñían o
5 a 6 por mediación de Maju a 1:35 para o fin e o conseguinte medo no corpo as
visitantes.
Ese último minuto
e medio fíxose unha eternidade e máis cando por dúas veces se prantaron as
locais ante Eva dende o dobre penalti. Pero nin Yessi a primeira vez nin Sandra
a tan solo dez segundos do fin foron capaces de superar a Eva, que taménestreaba convocatoria para adestrar ca sub21 galega.
A pesar do
intenso e disputado partido, o final
chegouse cunha excelente deportividade entre as xogadoras de ambos equipos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario