domingo, 9 de julio de 2023

Pandullasos sobre o basket.

 Parece que o mercado do basket se está a voltar tolo e aquí vamos darlle uns pandullasos, sen sentido ou con sentido. A xente está doente co que se escoita é hai que darlle unha volta o tema, pero aquí polo menos vamos mollarnos antes de que chegue o temporal.



Vamos a ver, hai flipados que preferirían fichar ó sapoconcho antes que gañar a Champions e os HGómez cunha Euroliga. Estou cheo de escoitar que gañar a Euroliga vennos mal e tapa carencias. Que as carencias que temos xa as sabemos todos non nos fai falla gañar unha Euroliga para velas, comezando polo mister, pero gañar a Euroliga non tapa nadiña amics. A Euroliga é o máximo que podemos acadar na vida é somos finalistas dous anos seguidos, gañando unha e a outra a crendas. Co Barça fixo o maior desembolso da súa historia e chimpámolo as dúas veces.

Co Barça fiche os irmáns e a Parra por suposto que non é boa nova, non confundamos cousas, ademais fastidia porque supostamente os tres eran do noso bando e un pouco antis ou iso contaban.

Pero claro que preferides renovar a Edy ou fichar a "Billy", manter a Deck e Mario ou fichar a Juancho, hai que ser realistas e o basket é deficitario e non podemos ter tódolos cromos.

Cóllenos ademais cun timing bastante malo, temos a Edy en plena renovación e a Vincent con outro ano, ademais pois a Yabu tamén con contrato, pois mala sorte. Para o ano sería perfecto pero as cousas veñen como veñen. Porque para o ano creo que os franceses rematan contrato, Rudy retírase e o Chacho tamén parece, ademais temos a Mario e Edy que se non renovan estamos chungos porque ambos son cupo, pero a fábrica de billetes está máis o norte por moito que nos digan e Flo vai sempre pola raia cos cartos.

Ademais o Barça teno claro, na situación que está e despois do carallaso que levou co Ollomol II, con todo tipo de problemas e disgustos ir a por ex madridistas é un orgasmo para eles. É a súa forma de enganchar ós seus. O de Niko non saiu como eles pensaron, se pasa con H2 confiemos en que leven outro pau.

Ó final amósase unha vez máis no fútbol ou no basket que ser canteirán, ou terte formado nas categorías inferiores do Madrid, non che fai ser madridista, que é un sentimento universal que non nace polo mero feito de ser canteirán.

Ollo que os xogadores son profesionais e van onde lles pagan ou onde pensan que poder vivir mellor. Pero é unha reflexión un pouco con trampa, que non son mariñeiros, nin percebeiros, nin traballan para unha multinacional. Porque hai un compoñente emocional no deporte que tamén conta, ou cando piden o apoio da grada, non están tirando dese compoñente emocional. O deporte é un negocio que xoga moito cas emocións da xentiña, querer separalos agora que convén debe ser motivo cando menos de reflexión.

Tamén hai que contar que supostamente o presuposto da sección este ano era de 27 kilos, entre a rescisión de Niko e o de Billy xa iría a pasta, sin contar a Joel ou Juancho. E que non nos queiran levar tamén a Juanito que anda ca filla da Bomba.

Agora hai que estar atento a todo por si acaso, non sería raro que en breve veña de volta Garuba. Hai que saber que se vai facer con Hugo ou Demin por exemplo. Vamos confiar en Eli ou vamos menosprecialo como na final Acb? Válenos Spagnolo?  É Chus o indicado para esta navegación? están atentos o mercado ou andamos a pasmar? Deixamos marchar homes que poden xogar de base e defendían algo e solo vamos a traer a Facu?  A chave é isto e non o outro. Hai que espabilar.

Porque podemos ser dun equipo, querer que gañe, aledarte polos triunfos, pero igualmente ser crítico no caso de pensar que non se están a realizar as accións correctas. Que a xente pensa que ser do Madrid implica aplaudir todo o que se fai.

Como dixo Laso no seu día: "Os fichaxes falan da saúde presente e a ambición futura dun equipo, da aposta do proxecto. No 2018 víñamos de ser campións de Europa por segunda vez en catro anos, pero debíamos seguir rearmándonos trala saída de Luka..... Para elo é fundamental saber ver o futuro, porque é moi difícil atopar pezas decisivas....., os fichaxes son representativos para identificar propósitos e aspiracións. Poden ser grandes xogadores pero a cuestión é si se pensa que son xogadores con percorrido no club."

Por certo, "Billy" parécenos máis ou menos como Vincent e se non marcha un non pode vir o outro. "Juanxo" gústanos pero o mesmo con Yabu en nómina non hai maneira. E Joel tamén nos gusta pero claro non podemos pagar un kilo, que aínda estamos a voltas co de Alberto, toca confiar en que Demin, Eli, Hugo e se quixeran traer a Matteo estouparan, pero un base que defenda fai falla que Carlos que pre lesión gustaba e moito aquí a saber como está. 

Estamos mal acostumados con Lukita e despois saen as cousas como saen, que xa temos a Tristán ou Dino desaparecidos que parecían que nos ían quitar de moitos apuros. Aquí gusta moito por exemplo certo pelirroxo que xoga en Málaga que parece ser que tamén costa un kiliño por certo.

Vos que opinades do tema?

Anteriormente:

E agora que ?

A undécima.

Pressing catch.


No hay comentarios:

Publicar un comentario