viernes, 9 de junio de 2023

Nova etapa.

 Comeza unha nova etapa no Muxía, despois do anunciado adeus de Diego Lobelos e Óscar Leis ao mando do banco muxián temos novos patróns.



Trátase do ceense Fernando Waldomar máis coñecido coma Nando e como segundo terá a Francisco Toba, máis coñecido coma Fran Pioto.

Era un segredo a voces que Diego collía o Fisterra e Óscar deixaba os bancos, tamén había un forte rumor de que Nando sería o elixido para sustituilos, a sorpresa nesta conta chegou con Fran coma segundo. Queda agora un longo camiño para levar a bo porto este barco. Con seriedade e serenidade. Despois de dous subcampionatos da Costa seguidos e bos papeis na Copa queda seguir adiante.

O que resume o bo traballo do club é que tiveron que comerse tres partidos a domicilio seguidos e os siareiros non fallaron, iso é o que temos que conseguir na vindeira tempada, ter o apego dos siareiros, ise será o triunfo.

Non nos esquenzamos da base, hai que tratala ben, son o futuro.

Sinceramente non sei como andará o tema de renovacións, quen queda, quen se vai, que podemos pescar ..... , como dixemos, seriedade e serenidade sen volverse tolos.

Decíame un amigo que o que máis lle gustaba dos últimos tempos entre outras cousas,  era que xogadores de "fora" estiveran tan implicados co club e o bo ambiente que había por exemplo nos xuveniles, iso tamén é facer unha boa tempada. Non o esquenzamos.

Vou pechar con dúas frases do meu pai: " O martes había que ir a Dumbría polos rapaces, merecíano, sabíamos que era moi difícil pasar, despois de tanto esforzo, baixas e partidos seguidos, pero merecía a pena ir despedilos, fora o resultado que fora."

" Si chega a marcar Fran, aínda se ían aco.......".

Moita sorte os novos patróns. A súa sorte será a nosa.

Anteriormente:

Sementar . 

Corviñas e corviños. 

O gran camiño.


No hay comentarios:

Publicar un comentario