viernes, 22 de diciembre de 2023

Desmontando mitos. As de branco e negro.

 Dende pequeno escoitamos que o Madrid tan solo tiña Copas de Europa que eran xarróns pas frores, que se acudía por invitación e o famoso branco e negro. Claro estes mitos quedan na cachola da xente, así que hoxe tiramos de futbolgate que fixo un artigazo sobre o tema, páxina a seguir xentiña, para desmontar este mito. Hoxe aproveitando o tirón da saída onte da senteza da Super League sacamos este artigo que leva tempo no forno esperando o día adecuado, pois ese día chegou co Gordo.



Dinnos que tan solo xogaban invitados, e tan solo a primeira edición acolleu equipos "invitados", porque había ata 8 campións entre os 16 que a xogaron:

O campión de España, Italia, Alemania, Dinamarca, Francia, Bélxica, Suecia....dous campións de Copa....

A partires da segunda edición ata a entrada da Champions tan solo xogaba o campión de liga ademais do vixente campión de Europa. Coas excepcións do Sevilla no 57, Atlético no 58 e Mónaco no 93. O Madrid gañou as ligas 53/54 e 54/55 por se non o sabedes.

Os ingleses entraron na segunda edición, o United foi o primeiro inglés en participar. 

Tamén nos contan que a UEFA non tivo nada que ver, pois dende o 8 de maio do 55 o estamento europeo fíxose cargo, co que dende a primeira tomou o control.

Dinche que non había sorteos e dende a segunda rolda da primeira edición ata hoxe o estamento europeo fai o sorteo. E din que Bernabéu elixia os rivais. Tan solo nesa primeira rolda non se sorteou para que os campións non se enfrentaran entre eles, agora fanse cabezas de serie por exemplo. Todos os campións tiveron o privilexio de elixir o primeiro rival e porse dacordo por razóns xeográficas, políticas... Por exemplo o primeiro rival do Madrid foi o Servette de Suiza, equipo máis laureado daquela do país, despois tocou o Partizan que viña de eliminar ó Sporting de Portugal, Milán en semis e Reims na final.

Na edición da 56/57 o Madrid non xogou a primeira rolda con outros nove equipos de asociacións que xogaran a primeira edición, doce equipos xogaron a fase previa.

Contan tamén que as gañou grazas a Franco, claro era o amo de Europa. A maioría dos equipos eran ou de democracias ou de paises comunistas, dalle moita credibilidade o tema. En España por exemplo tampouco somos os dominadores, si fora por él arrasaríamos aquí tamén, non?

A única regra que mudou foi a sede da final. Para a primeira era París e despois sería na casa do gañador que claro como o Madrid gañou cinco seguidas tiveron que mudala. Bruselas, Stuttgart, Glasgow, foron as seguintes.

Contan tamén que o Madrid mercou un desempate, na 56/57 fronte o Rapid de Viena. Daquela non había valor dobre dos goles coma visitantes, nin as tandas de penals. Os desempates eran ou nun campo neutral ou no de maior capacidade dos equipos. Saporta convenceu o Rapid de xogar o desempate ante os 100.000 siareiros do Bernabéu en vez dos 10.000 do seu, os cartos fixéronlle dar voltas ós austriacos.

Ese mesmo ano o Rangers vs Niza xogouse en París, ou o Dortmund vs Spore no campo do Dortmund. Incluso no 66 o Barça xogou un desempate na Copa de Ferias en Barcelona.

Para máis datos pasade por futbolgate que xa fusilei bastante o tema e hai que darlle o mérito, si credes ou non as teorías é cousa de cada un, toca investigar. Unha web que fala de outros moitos mitos.

Anteriormente:

O xuiz. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario