Hoxe toca ver un artigo de Relaño:
" Houbo villarato, e non solo polo apoio de Laporta a Villar nunhas eleccións moi apuradas, como eu pensei. Resulta que estaba engrasado.
Investigado polo Barçagate, Laporta deféndese tirando sobre a mesa un as de ouros: o madridismo sociolóxico. Ahí está a chave neste ectoplasma que o envolve todo e arrastra vontades. Do "Madrid ens roba" co que Artur Mas reaccionou ó cerco do Parlament polos recortes, ó madridismo sociolóxico de Joan Laporta. Ambos saben que en Catalunya hai un amplo tendido de sol que compra estes brindes.
E si, hai madridismo sociolóxico, non o discutamos, iso so lle será útil a Laporta para mudar de conversa. Haino, pero sobre todo hai Enríquez Negreira, cuios trapicheos co Barça non os fixeron públicos o madridismo sociolóxico senón un programa da Ser de Barcelona, Què t´hi jugues?, levado polos compañeiros de fe barcelonista pero militantes no periodismo ben feito que non calaron esta nova, afrontando grandes incomodidades na súa terra, onde o Barça é máis ca un club, é case unha patria.
O caso é que un club que pagou perante 18 anos e catro presidentes ó vicepresidente dos árbitros e que deixou de facelo xusto cando deixou de selo. Entre súas tarefas estaba a de recibir a media tempada, un por un e nunha sala pechada, a tódolos árbitros para comentarlles como iban na clasificación, si no grupo A ( internacionais), no B ou no C ( zoa de descenso). O que falaban quedaba alí.
Laporta presume que non aparecerá ningún árbitro que haxa cobrado dos cartos que recibiu Negreira, e terá razón. Non creo que haxa ningún pago así, se o houbo difícilmente será detectable. En todo caso non é necesario iso para axudar a un equipo. Basta con mandarlle pombas a casa e falcóns fora, e o contrario o rival. E axuda ter determinados xestos cos que se equivocan así ou asao.
Rodríguez Santiago validou un sábado un gol ca man a Messi ( que sen o Tamudazo, houbera servido por unha liga) e o luns déronlle a final de Copa. Daudén Ibáñez anulou un gol legal ó Atlético contra o Madrid e perdeu a internacionalidade. Tristante Oliva matou a súa carreira ó concederlle ó Madrid ante o Valencia aquel penal ushiro nage....
Non, non fai falla pagar nin dar indicacións groseiras.......Rara vez chegan os que non saben como sopra o vento. E, por se queda algo solto, algo pódese deslizar en encontros discretos, como esa saliña de Enríquez Negreira para decirche que tal vas, que non te confíes, que apretes....."
Outras:
No hay comentarios:
Publicar un comentario